Ideas para crear a túa propia mesa de noite
Sabes quen inventou a mesa de noite? Nós tampouco, pero o que si sabemos é que non é obrigatorio que teña patas e moito menos que sexan catro. Xa é hora de reinventarse! Queres crear a túa propia mesa de noite? Bota unha ollada a estas ideas innovadoras e inspírate coas 4 alternativas á mesa de noite convencional.
1. Mesa de noite flotante
Esta mesa de noite, de estilo ultrarromántico, rompe cos esquemas máis tradicionais do que é unha mesa, por exemplo, no que respecta ás patas. Advertímoscho!
Presume de ter man para a bricolaxe e sentido do equilibrio. É máis sinxelo do que parece. Fai uns buratos nunha táboa de cortar, pasa unha corda por eles e átaa forte. Se queres darlle un toque aínda máis especial, tradea un burato un pouco máis grande e insire nel un tubo de cristal a modo de floreiro. Suxéitao con corda para que non escorregue cara ao chan. Por último, cólgao todo dunha barra de cortina que teñas sobre a cama, á altura que queiras.
2. Mesa de noite con cubos
Esta mesa de noite creouse a partir dun dos nosos básicos preferidos: os cubos EKET. Sabes todo o que podes chegar a facer e deseñar con eles? Neste caso, podes crear unha mesa de noite que ademais ten compartimentos ocultos.
Fíxate como! Colga na parede armarios de formas cúbicas abertos e pechados combinados para amosar uns obxectos e ocultar outros (iso xa o deixamos á túa libre elección). Coloca un deles á altura da cama para poder abrilo sen erguerte. Así terás as túas cousas á man e á vista. Podes aproveitar e colocar un par máis cara arriba, a modo de estantes. A composición quedará moito mellor. Podes crear unha mesa de noite monocromática ou mesturar varias cores, como na imaxe.
3. Mesa de noite con caixas que se poden encastelar
Como se dunha "matrioska" se tratase, nesta mesa de noite aparecen sorpresas a medida que imos quitando capas. Os seus múltiples compartimentos convértena nunha mesa de noite ideal para calquera persoa que queira espazo infinito para gardar cousas. Es ti esa persoa?
Aposta pola sinxeleza e a almacenaxe espazosa. Todo nun! Colle unha caixa de plástico duradeiro coa tapa plana. Énchea con todo o que queiras, mais que non pese en exceso. Se queres organizar o interior, non esquezas colocar uns separadores. Pon a caixa encima de libros, ladrillos ou calquera cousa resistente a modo de patas. Nós usamos uns testos con bandexas de autorrega porque así temos dous niveis de almacenaxe secreta, pero shhh!, non llo digas a ninguén.
4. Mesa de noite para espazos imposibles
Non tes espazo para unha mesa de noite, pero necesitas un sitio no que deixar o móbil, as lentes de ver ou un vaso de auga para a noite? Temos a solución!
Un estante para cadros pode ser a solución perfecta para dispoñer dunha mesa de noite nun lugar estreito. Só necesitas colgar un ou varios estantes e terás o espazo xusto e necesario. Podes colocalos a carón da cama ou encima dela, ao longo, a modo de cabeceira (coidado coa altura!, non queremos croques pola mañá). Se pos un encima doutro (un deles mirando cara abaixo), terás unha mesa de noite de dúas alturas e incluso poderás instalar unas luciñas LED na parte interior do que está dado a volta a modo de lámpada de noite.
Gustouche este artigo? Descubre como dar unha segunda vida aos obxectos que tes pola casa e personaliza o teu fogar con estas ideas:
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.