Reformar o baño sen obras é posible
Para reformar o baño non é preciso meterse en obras. Reformar o baño sen obras é posible, e ímosche contar como facelo en catro sinxelos pasos. Ademais de aforrar tempo, diñeiro e incomodidades, será un proceso sinxelo e doado de realizar.
Sexa cal sexa o teu tipo de baño, conseguirás transformalo por completo ou enchelo de personalidade con pequenos detalles, como cambiar as toallas ou cortinas, renovar os accesorios ou incluír un carriño de almacenaxe.
Comecemos!
Como renovar o baño sen obras en catro pasos
Se cadra vives de aluguer e non podes facer grandes reformas, ou simplemente non podes reformar o baño por unha cuestión de prezos. Sexa cal sexa o teu motivo, segue estes catro pasos e consegue renovar o teu baño sen obras.
1. Cambiar as toallas
Algo tan sinxelo coma eficaz é darlle outro ton e cor ao baño ao cambiar simplemente as toallas.
Se temos un baño de estilo romántico, unhas toallas escuras poden combinar á perfección co ambiente. Se, polo contrario, tes un baño branco, sempre podes xogar cunha paleta de cores vivas (coma o verde) que aporten calidez e alegría ao espazo. Ah! E se non che gustan as cores sobrias, escolle toallas con estampados floridos.
Combínaas co resto de complementos do cuarto, como a xaboeira, a alfombra de ducha ou unhas caixiñas, e xa está!
Ou escolle as cortinas estampadas se queres darlle esa explosión de cor. Neste caso, buscamos unha que combine coa cor rosada dos azulexos para que teña moita máis harmonía cromática. Que che parece?
3. Incluír un carriño con rodas para aumentar a almacenaxe
Unha forma estupenda de darlle un aire renovado ao baño sen levantar nin un chisco de po é engadir un dos nosos carriños auxiliares para o baño ou un dos tallos de baño que temos.
E por que o carriño auxiliar? Sinxelo. As súas rodas fan deles uns dos mellores asistentes mentres estás a asearte. Terás, por unha banda, almacenaxe adicional, e por outra, facilidade para desprazalo por onde queiras.
Un banco é cómodo e ofrece a opción de almacenar obxectos imprescindibles para o teu baño. Así que pode ser outra boa decisión incluílo.
E se hai cativos en casa, o tallo para o baño é o mellor. Se elixes un de cores vivas que combine coas túas toallas ou alfombras de baño, tamén te axudará a darlle un aire renovado ao teu baño.
Gústache o resultado? É unha forma perfecta de organizar os nosos obxectos e darlle un toque decorativo ao estante.
O espello de baño é outro dos accesorios que modifica o aspecto do lavabo e de todo o conxunto ao cambialo. Ademais, sempre aporta unha maior sensación de amplitude e de iluminación.
Que che pareceron os catro pasos para reformar o baño sen obras? Cres que é factible? Seguro que podes transformar o teu baño se segues algún destes consellos!
Se precisas máis referencias e ideas para decorar e organizar o baño, non perdas estas ideas de Pregúntalle a Allen:

Non marches! Aínda temos máis truquiños que ensinarche.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.