Saltar

4 receitas con salmón afumado sinxelas e rápidas

Acaso hai algo mellor que o salmón afumado? Dubidámolo! É un dos alimentos máis versátiles, máis sinxelos de integrar en almorzos, comidas ou ceas e ten unhas propiedades marabillosas. É unha fonte natural de proteínas e de vitaminas b12, b6 e b3. Ademais, non fai falla que o digamos, pero... está riquísimo! Por iso, queremos ensinarche estas 4 receitas sinxelas con salmón afumado que farás nun chiscar de ollos. Son ideais para cear ou comer, e o que máis che custará será decidir cal facer primeiro...

 

Que aproveite!

Salmón afumado con aneto, limón e alcaparras

 

Ingredientes

  • 200 gr de salmón afumado con aneto SJÖRAPPORT 
  • 1 limón
  • 20 gr de alcaparras (aprox. 3 culleradiñas)
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal

 

Preparación

1. Escolle un soporte bonito para colocar o teu salmón en liscos, como esta táboa ou unha de lousa.

2. Saca o salmón do frigorífico 10 minutos antes de servilo para poder separalo con facilidade.

3. Colócao sobre a superficie de presentación escollida. 

4. Parte o limón en rodas finas, tantas como queiras (nós partimos 5 rodas). 

5. Colócaas entre os liscos de salmón afumado.

6. Mestura o zume do outro medio limón que che sobrou con dúas culleradas sopeiras de aceite e un chisco de sal.

7. Bota a mestura sobre os liscos de salmón afumado.

8. Reparte as alcaparras sobre o salmón por todo o prato.

Ensalada de verán con salmón 

 

Ingredientes

  • 200 gr de salmón afumado en liscos ou 1 filete de salmón SJÖRAPPORT
  • 30 gr de eiruga
  • 30 gr de espinacas frescas
  • 1 lata pequena de olivas negras sen óso
  • 1 terrina de queixo fresco
  • 5 ceboliñas en vinagre
  • Un chisco de aneto
  • Sal
  • Aceite de oliva virxe extra

 

Preparación

1. Comeza separando os liscos de salmón afumado ou ben cortando en dados o filete de salmón. 

2. Corta o queixo fresco en dados.

3. Corta en rodas as ceboliñas en vinagre.

4. Verte a eiruga xunto coas espinacas frescas nunha ensaladeira.

5. Verte todos os demais ingredientes que preparamos antes sobre a base da ensalada.

6. Como aliño, recomendámosche aceite de oliva virxe extra ao gusto con aneto e sal. E a gozar!

Por suposto, tes mil combinacións distintas para engadir o salmón afumado á túa ensalada, e todas están boísimas! Aquí tes outra idea de ensalada con salmón que nos encanta:

Wraps de salmón afumado

 

Ingredientes

  • 4 tortillas de fariña de trigo
  • 200 gr de salmón afumado 
  • 20 gr de eiruga
  • 15 gr de queixo crema para untar
  • 15 gr de mostaza en gran

 

Preparación

1. Quenta as tortillas de trigo no microondas ou no forno seguindo as instrucións do fabricante. 

2. Cando estean quentes, unta nalgunhas o queixo crema e noutras a mostaza en gran. 

3. Coloca o salmón en liscos sobre a mostaza ou o queixo.

4. Pon unhas folliñas de eiruga.

5. Enrola sobre si mesmas as tortillas de trigo co teu recheo e coloca paus para mantelas mellor.

6. Se queres que sexan máis cómodas de comer para ofrecelas nun aperitivo, parte cada tortilla en 4 anaquiños. Con 4 tortillas terás 16 canapés.

 

Están boísimos!

Ovos cocidos con salmón afumado

 

Ingredientes

  • 5 ovos tamaño M
  • Maionesa ao gusto
  • 200 gr de salmón
  • Aneto fresco
  • Tomiño fresco
  • Sal

 

Preparación

1. Coce os ovos. En función de como che guste que quede a xema, tenos máis ou menos tempo, pero se queres que quede ben feita, tardará uns 10 minutos. 

2. Unha vez cocidos, párteos pola metade e vai colocándoos nunha bandexa. Axústaos de sal.

3. Bota media culleradiña de maionesa sobre cada metade de ovo. 

4. Corta o salmón en liscos en anaquiños pequenos, do tamaño de cada metade de ovo. 

5. Coloca cada anaquiño sobre o ovo con maionesa.

6. Adereza e decora con ramas de aneto e tomiño. 

7. Podes acompañar este prato cunha gornición de ensalada.

E se che apetece seguir vendo máis receitas, non perdas:

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.