6 receitas de verán saudables e sinxelas
A calor xa chegou e, agora máis que nunca, apetecen pratos fresquiños. Pero non abonda con iso, senón que teñen que ser sans e sinxelos, porque queremos coidarnos moito e non hai tempo que perder, ou non? Aquí tes varias receitas de verán saudables que quererás que formen parte do teu menú durante os próximos meses.
Cando soben as temperaturas, o corpo pídenos adaptar a nosa dieta con alimentos frescos e moita auga. Por iso, na época estival, os grandes protagonistas dos nosos pratos deben ser as verduras e as froitas, que teñen unha porcentaxe elevada de auga e vitaminas. Isto axudará a manternos hidratados e nutridos!
Aínda que non o creas, gozar de pratos deliciosos e comer de forma sa é posible, mesmo se non dedicamos moito tempo á cociña. Desde aquí queremos demostrarcho con varias receitas de verán sas e sinxelas que che propoñemos deseguido. Entre elas atoparás pratos ideais para a comida, a cea, a merenda ou a sobremesa.
Ademais, varias son aptas para o método “batch cooking”, así que poderás preparalas con antelación, gardalas na neveira e tomalas cando máis che praza. Grazas a isto, tamén poderás organizar moito mellor as túas comidas semanais e non estragar nada. Comecemos!
Aquí che deixamos outra receita co noso salmón afumado moi sinxela e fresca:

2. Ensalada de espinacas e mango
Ingredientes:
- 150 gramos de espinacas
- 1 mango
- 1 cebola morada pequena
- 1 puñado de abelás tostadas
Para o aliño:
- 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra
- 1 cullerada e ½ de vinagre de mazá
- 1 cullerada de mostaza de Dijon
- Chorriño de limón
- Pementa negra
- Sal
Preparación:
- Lava as espinacas e escórreas ben. Co noso escorredoiro TOKIG, non che levará nada. Ademais, podes utilizalo como cunco para a ensalada e sacarlle moito máis partido.
- Lava, pela e corta o mango en dados.
- Pica a cebola en xuliana.
- Pon tódolos ingredientes nunha ensaladeira e reserva.
- Prepara o aliño mesturando tódolos ingredientes nun cunco coa axuda dunha culler ata que estean ben integrados.
- Verte a salsa sobre a ensalada, e listo para servir!
3. Crema fría de verduras
Ingredientes:
- 2 cabaciñas
- 200 g de chícharos
- 1 cebola
- ½ litro de caldo de verduras
- 125 g de iogur natural
- Aceite de oliva virxe extra
- Pementa negra
- Sal
Preparación:
- Pica a cebola e corta as cabaciñas en dados, sen pelar.
- Pon unha pota a lume medio cun chorriño de aceite de oliva e saltea a cebola, a cabaciña e os chícharos.
- Engade o caldo de verduras e deixa cocer durante uns minutos.
- Incorpora o iogur e bota sal e pementa ao gusto.
- Tritura todo co batedor ata conseguir unha mestura homoxénea.
- Cando arrefríe, gárdao na neveira durante unha ou dúas horas e sírveo fresquiño.
4. Cuscús con verduras
Ingredientes:
- 500 g de cuscús (sémola de trigo)
- 2 cenorias
- 2 tomates
- 1 cogombro
- 1 ceboliño
- Aceite de oliva virxe extra
- Zume de ½ limón
- Pementa
- Sal
Preparación:
- Cociña o cuscús segundo as indicacións do fabricante.
- Mentres, lava e pela as verduras. Se o fas cun cortador, como o noso modelo STÄM, será moito máis sinxelo, especialmente no caso das cenorias ou do cogombro.
- Corta en dados pequenos tódalas verduras.
- Cando o cuscús estea feito, pono nun cunco grande e engade as verduras.
- Aliña con aceite de oliva virxe extra, limón, pementa ao gusto e sal.
5. Polos de froita caseiros
Ingredientes:
- 15 amorodos
- 1 plátano maduro
- 2 ou 3 laranxas
Preparación:
- Espreme as laranxas ata obter uns 120 ml de zume natural.
- Lava os amorodos e córtaos.
- Pela e corta o plátano.
- Pon as froitas e o zume no batedor ou procesador.
- Bate ata conseguir unha mestura suave e homoxénea.
- Pona nos moldes para polos e conxélaos entre 6 e 8 horas.
Preparación:
- Corta un toro de sandía da parte central.
- Estende os iogures naturais sobre a sandía.
- Pela o kiwi e párteo en dados.
- Lava os amorodos e párteos en toros.
- Lava os arandos.
- Coloca tódalas froitas sobre a sandía, creando unha bonita combinación de cores.
- Pártea en porcións coma se fose unha pizza.
Cal destas receitas de verán gustouche máis? Como diciamos ao inicio, se preparas algunha delas para tomala outro día ou che sobra, lembra gardalas en recipientes de vidro e conservalas na neveira para cando che apeteza acabalas. Deste xeito, os teus pratos estarán igual de deliciosos que cando os fixeches e non estragarás nada.
Aquí che deixamos un artigo con outros trucos que che axudarán a conservar a túa comida moito mellor. Toma nota!
Necesitas axuda para ordenar a neveira? Aquí tes varias ideas nun vídeo moi curtiño!

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.