Saltar

3 receitas de batidos e zumes refrescantes para o verán

Seguro que coa calor xa estás a pensar en almorzos e merendas máis refrescantes. Pois, que mellor forma de levar unha alimentación sa e equilibrada no verán que achegando froita e auga á nosa dieta! Por iso, pensamos en darche as nosas receitas de batidos e zumes favoritas para coidarnos nestes meses estivais.  Toma nota que comezamos! 

1. Receita de zume de cogombro, mazá verde e lima

 

Ingredientes:  

  • 1 cogombro pequeno
  • 1 mazá verde  
  • O zume dunha lima
  • 100 ml de auga
  • Unhas follas de menta, cecimbre ou estevia (se queres un toque doce)

Preparación:  

  1. Pica o cogombro e a mazá.
  2. Mestura todos os ingredientes no vaso do batedor e tritúraos.  
  3. Podes incluír algúns cubos de xeo, se queres servilo ao instante.
  4. Para servir en vasos, corta unhas rodas da froita que máis che guste e engade unhas folliñas de menta ou cecimbre, por exemplo. Este zume é algo amargo, pero moi depurativo.
  5. Para adozalo mellor recorre a algún produto natural, como as follas de estevia, a panela ou o xarope de agave.  

2. Batido de pera e papaia

 

Ingredientes:

  • 1 pera
  • ½ papaia
  • ½ culleradiña de vainilla  
  • 100 ml de auga ou leite de avea

Preparación:

  1. Lava a froita e pélaa.
  2. Corta a froita en anaquiños e introdúcea nun vaso de bater.  
  3. Tritura todos os ingredientes.  
  4. Para servir podes decorar cunha roda de froita e un pouco pau de vainilla

3. Batido de piña, pomelo e xenxibre

Ingredientes:

  • ½ piña natural
  • 1 pomelo ou 1 laranxa
  • 1 roda de xenxibre (ao gusto)
  • 100 ml de auga  
  • 1 folla de menta  

Preparación:

  1. Pica a piña.
  2. Espreme o cítrico que elixises.
  3. Corta unha roda do xenxibre ou rélao se o prefires.
  4. Introduce todos os ingredientes nun vaso de batedor.
  5. Tritura todo co batedor ata conseguir unha mestura homoxénea e mesta.
  6. O resultado é un batido moi diurético, pero amargo. Podes adozar ao gusto.
  7. Para decorar, usa unhas folliñas de menta, unhas rodas de froita ou un vaso bonito. 

Os nosos batidos de avea

Se non tiveres tempo para faceres os teus propios batidos, por que non probas os nosos batidos de avea? Son ideais para almorzos nutritivos e rápidos.

Na nosa tenda de alimentación sueca atoparás dous sabores: de avea, grosella negra e arando azul e outro de mazá e pera. Aínda que o mellor deles non é só o sabor. Estes batidos son especialmente recomendables, non porque sexan nosos, mais porque non conteñen nin lactosa nin outros ingredientes de orixe animal. Polo tanto, son ideais para vexetarianos e veganos.

Pero, ademais, sabías que se substitúes os produtos lácteos polos de avea podes reducir a túa pegada de carbono?

Outras opcións para refrescarte  

Ademais de zumes e batidos, non esquezas que a auga é a mellor bebida que podes elixir para refrescarte, hidratarte e levar unha vida sa. Se che parece unha opción moi aburrida, proba a darlle sabor e cor engadindo froitas e herbas aromáticas! Tamén podes tomala en formato polo. Só precisas un molde, unhas froitas e xa!  

 

Aaaah! Se precisares máis receitas de verán aquí temos outra selección que seguro que che gusta. 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.