Saltar

Como ordenar o armario e conseguir máis espazo despois do Nadal

Seguramente este ano máis dunha persoa apostou por facer agasallos máis prácticos. E un dos máis populares seguro que foi regalar roupa. Por iso, decidimos que nada mellor para empezar ben o ano que unha boa limpeza de armario, non crees?

Se cada certo tempo te estás a preguntar como ordenar o armario e conseguir máis espazo (sen un milagre de por medio), que saibas que estás no lugar axeitado.

Non perdas estes consellos para ordenar o armario e darlle á túa roupa o espazo que precisa.   

Saca toda a roupa e comeza de cero!

Empecemos polo principio: saca fóra toda a roupa e decide con que quedas e con que non (un pouco semellante ao famoso método de Marie Kondo). Lembra que podes doar ou regalar a roupa que decidas descartar. Sempre podemos darlle unha segunda vida!

Despois, debes comezar por clasificar a túa roupa e accesorios por tipo e tempada. Así, poderás decidir que solución de almacenaxe se adapta mellor a ti e á túa roupa: barra, andel ou caixón. Neste caso, mostrarémosche a solución para un roupeiro aberto ELVARLI personalizado no que se introduciron maioritariamente andeis e dous caixóns. Que che parece? Espazoso, verdade?

Se facendo esta limpeza e orde no armario decátaste de que quizais non contes co que mellor se adapta a ti, podes considerar cambialo ou facelo de cero ao teu gusto. Como sería o teu armario ideal? 

Sácalles partido aos estantes

Ter estantes suficientes para toda a roupa non quere dicir que a orde estea garantida. E é que os estantes poden acabar converténdose nun foco de desorde: camisetas mal dobradas que acaban engurradas, xerseis mesturados con pantalóns, camisetas de tirantes con outras de manga longa, moreas de roupa sen dobrar…

Este é o momento de reestruturalas e darlles unha nova vida e un novo sentido: coloca caixas para ordenar as diferentes prendas e clasifícaas por tipo, cor ou tecido. Como máis che guste! Este último é un recurso superpráctico que todos podemos aplicar na casa sen gastar diñeiro.

Se ademais tes un armario aberto como este (e con estantes de sobra) podes aproveitar para colocar algo de decoración que che axude co teu dormitorio ou roupeiro.  

Sensación de espazo: o truco do espello

Se hai algo esencial en calquera roupeiro ou armario que se prece é FREBRO, que se adapta a calquera espazo sen ocupar practicamente nada, ou como KNAPPER, que ten unha guía incorporada, perfecta para colocar a roupa usada unha vez ou a que vas poñer ao día seguinte.

Practicidade e deseño ao poder: o que máis nos gusta!

A roupa da tempada sempre á man

Para clasificar as túas pezas, nós cremos que, de entre todos os métodos que existen, o máis práctico é ter a roupa que máis usas o máis á man posible.

No inverno, por exemplo, podes colocar a roupa de punto nos estantes abertos máis próximos para facilitares o acceso, xa que probablemente sexa o que máis pos. Os xerseis máis grosos poden ir abaixo ou enriba, segundo a frecuencia de uso, mentres que podes gardar a roupa de verán perfectamente dobrada e clasificada en caixas nos estantes superiores. Se non tes espazo dabondo, recomendámosche que aproveites o oco de debaixo da cama para colocares caixas de almacenaxe con tapa para gardar a roupa doutra tempada aí.  

Se queres un pouquiño máis de inspiración, nada como o seguinte vídeo para aprenderes 6 formas de organizar o armario nun airiño. 

Sempre hai espazo para todo, de verdade! 

Unha vez deseñes o teu armario no que ten que ver coa roupa, é hora de que o personalices con cestas e caixas organizadoras.  

Por exemplo, podes gardar xoias e accesorios para o pelo en pequenas cestas de vimbio e almacenar outros complementos ou artigos de gran tamaño, como mantas, en caixas ou cestas máis grandes.

E se decides reinventar o teu armario connosco, verás que as alturas dos estantes ELVARLI son axustables, polo que é superdoado adaptarse para conseguir sempre algo novo. Que o teu espazo se adapte a ti e non ti a el! 

Outras axudas máis aló do armario

Non todo empeza e acaba no armario: hai moitos extras que poden sernos de axuda para conseguir o espazo desexado e facer máis cómodos os nosos espazos.

Tanto se tes zona de roupeiro como se o teu armario está no dormitorio, sempre podes optar por un fiel amigo como un repousapés ou un banquiño con almacenaxe. Ambos son perfectos para axudarte a te calzares sentado sobre el, a gardar mantas, coxíns, xerseis doutras tempadas en bolsas ao baleiro… O que queiras! 

Como deseñarías o teu armario aberto ideal?

Desde IKEA, temos moitas opcións para que personalices o teu armario e consigas ese espazo que tanto desexas. Nesta idea mostrámosche o exemplo dos roupeiros abertos da serie ELVARLI, pero lembra que son consellos que podes aplicar a calquera armario ou espazo dispoñible.

Nesta última fotografía mostrámosche outro exemplo de sistema de almacenaxe de roupa personalizado co organizador BOAXEL, co que podes deseñar o teu propio armario aberto.

Queres ver máis opcións? Bótalle unha ollada a todas as combinacións na túa tenda ou aquí, na nosa web. 

Que che parece? Aplicando estes consellos, gañarás moito máis espazo nos teus armarios con solucións sinxelas.

Se che resultaron interesantes estes consellos, non podes perder as ideas que che mostramos máis adiante. Haberanche dar a vida! 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.