Saltar

Por fin unha colección para mascotas chega a IKEA

Se tes mascotas, esta colección é para ti. Colaboramos coa deseñadora Inma Bermúdez para lanzar a primeira gama de IKEA para mascotas. LURVIG foi deseñada para axudarnos a mellorar todos os aspectos da vida dos nosos cans e gatos.

colección para mascotas chega a IKEA
colección para mascotas chega a IKEA

Unha manta cómoda e sen restos de pelos no sofá

Fai que a túa mascota se sinta sempre como na casa. O olor e a textura da manta estampada LURVIG faranlle sentir seguro en calquera lugar. Úsaa para protexer o interior do coche, as cadeiras de brazos e sofás.


Adaptable ao teu estante KALLAX

Se queres aproveitar o espazo sen restarlle comodidade á túa mascota, coloca a cesta e a casa para gatos nos compartimentos do estante KALLAX. A túa mascota sentirase cómoda e segura.

Comodidade para a túa mascota e funcionalidade para ti

Todos os produtos da gama LURVIG foron pensados para garantir a comodidade e a diversión da túa mascota no fogar. Descubre as posibilidades dalgúns produtos que ao cambiar a súa posición se adaptan mellor a cans ou a gatos.

As nosas mascotas teñen a súa propia personalidade, pero teñen cinco cousas en común: encántalles durmir, comer, xogar e facer exercicio, ademais de estar preto de nós. Así que estes comportamentos foron o primeiro no que pensamos á hora de deseñar estes produtos

Inma Bermúdez, deseñadora da colección LURVIG


Normalmente os gatos son bos para regular a cantidade de comida que comen; non obstante, certo número de razas de can aínda manteñen o seu desexo de comer máis. Así é como concibimos a cunca de alimentación lenta

Inma Bermúdez, deseñadora da colección LURVIG

Transportín multiúsos

Dálle á túa mascota a intimidade que necesita grazas ao transportín multiúsos. O teu gato ou o teu can sentirase seguro fóra de casa grazas a que a bolsa de viaxe permite regular o espazo exterior que está a ver. Aumenta a súa comodidade combinando o transportín cun coxín da gama LURVIG.

Protección para os teus mobles, rabuñador para o teu gato

Coa esteira rabuñador para gatos, transformarás rápida e doadamente unha pata de mesa ordinaria nunha árbore para rabuñar na que o teu gato pode afiar as uñas e estirarse. Fixa doadamente a esteira a calquera pata.


Comparto a miña vida con tres cans e sempre botei de menos que houbese produtos bos para mascotas a un prezo alcanzable. Como amante dos animais, estou orgullosa e feliz de ter formado parte deste proxecto. Encantaríame que inspirase as persoas a pasar máis tempo de calidade coas súas mascotas

Inma Bermúdez, deseñadora da colección LURVIG


A nova colección LURVIG, deseñada por Inma Bermúdez xa está dispoñible para comprar en liña e na túa tenda IKEA máis próxima