Menú de Nadal: unha opción sinxela e rápida ao estilo sueco
Precisas ideas para o teu menú de Nadal? Non deixes pasar esta idea preparada nada menos que por unha das nosas embaixadoras IKEA con produtos da tenda sueca. Toma nota!


Encántanos o Nadal, mais sabemos que ás veces non hai tempo abondo para preparalo absolutamente todo: decoración, agasallos, comidas...
É por iso que nos propuxemos o reto de crearmos un menú de Nadal sinxelo e práctico creado exclusivamente a partir de alimentos da nosa tenda sueca, para libráreste dun chisco de traballo. E unha das nosas embaixadoras Alba Díez (ou como é coñecida nas redes, @curiosoazul)deu cunha proposta ben completa, que fará que recibir os convidados non se converta nun estrés.
Non o perdas!
Como avanzamos, absolutamente todos os produtos que se empregaron para o seguinte menú de Nadal proceden da nosa tenda de alimentación sueca.
Neste caso, Alba decantouse polos seguintes:
- Albóndegas de salmón SJÖRAPPORT
- 1 lata de sidra de mazá CIDER ÄPPLE
- Lasaña de espinacas LÄTTLAGAT
- Salsa de ravo picante SÅS PEPPARROT
- 1 bolsa de patacas fritidas FESTLIGT
- Salsa de aneto e limón SÄA CITRON & DILL
- Medallón de verduras GRÖNSAKSKAKA
- Pan fino de trigo BRÖD MJUKKAKA
- Torta de chocolate derretido KAFFEREP
- Salmón afumado SJÖRAPPORT
Entrantes para o centro da mesa
Como primeiro bocado do noso menú de Nadal sueco, comezaremos por uns entrantes moi sinxelos, mais igualmente saborosos.
As patacas fritidas son petisco clásico previo que lle gustan a todos. Ademais, sempre podes xogar cos sabores. Por exemplo, Alba decantouse polas de tradición sueca, as de a roma de porro e pementa.
E xa que estamos cos clásicos, que hai máis típico, sinxelo e saboroso que un chisco de salmón? Podes convertelo noutro dos entrantes da túa mesa. Acompáñao dunha pouca leituga, unha saborosa salsa de ravo picante e unhas rodas de pan fino de trigo para facer deste un petisco espectacular.
Pratos principais
Pasamos aos pratos fortes do noso menú de Nadal. O primeiro deles, apto para vexetarianos, unha deliciosa lasaña de espinacas e queixo ricota. E como esta é máis lixeira cá tradicional de carne, aproveitamos para acompañala dunhas albóndegas de salmón (un produto estrela que ten namorados ata os máis pequenos da casa) ou un medallón de verduras (concretamente de pataca e brócoli) sobre unha salsa de aneto e salmón.
Ten boa pinta, non si?
Para realizalo, só precisas acender o forno antes de servir (uns 40 minutos) para prequentar e ir cociñando no tempo indicado en cada envase. Son un feixe de ideas sinxelas, desestresantes e que apenas ensucian.”
Alba Díez - @curiosoazul
Bebida
Que sería do Nadal sen a sidra? Brinda cunha deliciosa sidra de mazá ou de pera. Unha bebida escumosa e refrescante, perfecta para esta comida de Nadal. E ademais, todas as nosas bebidas son bío, polo que poderás gozar dunha bebida deliciosa e sostible.
Sobremesa
E como non, sempre hai que reservar un oco para a sobremesa. Alba non foi quen de resistirse á perdición dos grandes amantes do chocolate, a nosa torta de chocolate derretido KAFFEREP. Retira a embalaxe e deixa desconxelar a temperatura ambiente durante 30 minutos. Unha vez desconxelada, mantena no frigorífico ata a hora de servila. Xa verás que boa está!
Un truco: engade por riba unhas fresas con nata batida ou xeado para un acabado de chef profesional. Tamén podes probar os nosos aperitivos de froita MUNSBIT para un contraste de chupar os dedos.
E xa estaría a noso menú de Nadal! Que che parece? Se quixeres máis ideas para celebrar o Nadal da mellor forma, mais sen complicarte demasiado, non dubides en botarlle un ollo ós seguintes artigos.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.