Ideas económicas para decorar o teu fogar este outono
A chegada do outono é un dos cambios de estación máis especiais do ano. Deixamos atrás o verán, unha época na que pasamos máis tempo fóra da nosa casa, para deixar paso a outra na que volvemos a gozar do noso fogar durante máis tempo. Por iso, son moitas as persoas que deciden redecorar o seu fogar neste momento.
Se é o teu caso, podes facelo cuns pequenos cambios, renovando o teu fogar por poucos cartos. Ademais, para que enganarnos: as novidades do noso catálogo facilítano moito.
Vexamos unhas ideas económicas para decorar o teu fogar este outono e enchelo de novidades IKEA. Acompáñanos!
Cambia as fundas dos teus coxíns
Un dos cambios que máis adoitamos facer pola súa sinxeleza, versatilidade e resultado, é o das fundas dos coxíns.
É unha opción moi económica e que pode cambiar moitísimo o aspecto da nosa sala de estar ou do noso dormitorio (se falamos de coxíns de cama). Nós seguimos fascinados con STENMÄTARE, esta funda de coxín en tons que non poden ser máis outonais feita en algodón.
Por certo, sabías que o algodón dos nosos produtos procede de fontes sostibles? Isto quere dicir que se recicla ou cultiva cun menor consumo de auga, de praguicidas e de fertilizantes, aumentando a marxe de beneficio dos agricultores.
Nova alfombra para a sala de estar ou para o dormitorio
Outra das ideas de decoración para o teu fogar este outono é renovar a alfombra ou mercar unha, se aínda non tes. As alfombras axudan a facer máis cálidos os espazos agora que vén o frío, a enmarcalos e decoralos.
Unha das novidades do catálogo deste ano é LINDKNUD, unha alfombra que ten moito que ofrecer. Está feita de poliéster 100% reciclado, proveniente, concretamente, de botellas de plástico recicladas. Ao ser de pelo denso e groso, amortece o son e proporciona unha superficie suave e agradable para os pés.
Unha funda nórdica ideal para o outono
Volve o nórdico ás nosas vidas! Despois dun verán no que non queremos nin velo, volve para abrigarnos nas noites máis frías.
E que mellor que recibilo de novo cunha funda nórdica con cores que son tendencia este outono, como esta nun azul verdoso que é ideal. É PUDERVIVA, e tamén a atoparás en amarelo claro, rosa escuro e verde oliva. É dicir, unhas cores que non poder ser mellores de cara ao outono.
Ademais, está feita de fibras naturais de liño, un material renovable e máis sostible que transpira e absorbe a humidade, polo que axuda ao teu corpo a manter unha temperatura agradable e constante durante toda a noite. Calquera cor outonal que elixas para a funda nórdica da túa cama podes combinala cun sobrecama en cor branca.
Iluminación ambiental para a sala de estar e dormitorio
Outra idea importantísima á hora de decorar o teu fogar de xeito económico para este outono é a iluminación. As horas de luz solar diminúen drasticamente e precisamos ter diferentes puntos de luz no noso fogar que o fagan máis confortable.
Así que, se apostas por unha nova lámpada de pé ou de mesa para iluminar diferentes puntos da túa sala de estar ou do teu dormitorio, estarás acertando de cheo. Este modelo cun estilo retro parécenos unha opción boísima que encaixa perfectamente en calquera lugar da sala de estar. Ah! E non esquezas. Escollas a lámpada que escolleres, opta sempre por unhas bombillas LED, consomen menos electricidade e duran ata vinte anos.
Amplía e decora os teus espazos con espellos
Dar amplitude a un espazo á vez que o decoras e o fas máis funcional? Si, iso só o consegue un espello. E nunca son abondo!
Seguro que tes unha cómoda no dormitorio á que lle iría xenial a compañía dun espello redondo tan bonito coma este (o marco é de ratán!). Ou un corredor estreito ao que lle falta amplitude. Ou na entrada fáltache ese espello da "último ollada" antes de saíres da casa. Este é o momento perfecto para conseguir un ou con varios espellos para decorar a túa casa.
Renova a túa louza este outono
Poñemos fin ás nosas ideas económicas para decorar o fogar este outono coa nosa proposta de louza. Vestir ben a mesa tamén é importantísimo!
Por iso, seica chegou o momento de deixar a un lado a louza "da avoa" e cambiala por unha rústica, pero elegante como GLADELIG. É de gres e vidro pintado e resulta ideal tanto para o día a día como para ocasións especiais. Lembra que podes combinar varios tipos de louza nun mesmo servizo de mesa sen problema, mesmo se son de diferentes formas ou cores. Sempre busca un equilibrio e unha gama cromática que encaixe. Fai diferentes probas e verás como atopas unha que dinamiza a túa mesa.
Se queres máis inspiración de cara á nova tempada que vimos de inaugurar, non perdas:
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.