Ideas para gardar o material deportivo na casa
Se practicas deporte, saberás que o material deportivo pode ocupar moito espazo na casa, ten formas especiais e non sempre é bonito. Por iso, queremos axudarte a atopar a mellor forma de gardalo na casa con estas ideas. Deste xeito, conservarase mellor e teralo organizado e listo para utilizalo. Imos aló!
1. Un (pequeno) ximnasio con vestiario na casa
Non precisas un cuarto enteiro para crear un ximnasio na casa. Se tes un pequeno recanto desaproveitado, tes un espazo totalmente funcional para gardar o teu material deportivo e facer exercicio. Nós montámolo co seguinte:
- Dous armarios vermellos, un enriba doutro, para simular o armario do vestiario do ximnasio. Neles é posible gardar a roupa e parte do equipamento perfectamente ordenados.
- Un taboleiro perforado que, grazas aos seus diferentes accesorios, serve para colocar elementos moi variados. Nos ganchos podes pendurar as esteiras de ioga ou pilates e as bandas de resistencia. Por outro lado, podes poñer calquera aparato electrónico que utilices para adestrar nunha pequena bandexa. Como toque final, podes colocar un reloxo na parede para consultar a hora e algunha táboa de exercicios.
- Un andel sobre o taboleiro para colocar material adicional que non utilices tanto, pero que che vaia ben na túa zona de deporte.
- Un tallo escaleira no que sentar mentres te preparas, descansar un pouco ou subirte para coller o material deportivo que colocaches máis arriba.
- Unha cesta de xunco mariño (un material 100 % renovable) para gardar accesorios adicionais como toallas.
Non queres que o teu pequeno ximnasio estea á vista? Podes agochalo cunha cortina a xogo coa decoración da estancia.
2. Todo o que precisas para saír, na entrada
Se ti e a túa familia adoitades practicar deporte na rúa, quer montar en bici ou en monopatín, quer xogar ao tenis ou ao fútbol, e sempre ides con présa dun lado ao outro, a entrada da casa pode ser un bo lugar no que gardar os teus accesorios de deporte. Para facelo, combinamos diferentes elementos.
En primeiro lugar, un armario no que gardar todo o que non necesitas ter á man ou que non queres ter á vista porque non é estético. A continuación, colgadoiros e ganchos para pendurar pezas como os patinetes, os cascos, as raquetas e algunhas pezas de roupa. Como almacenaxe adicional, un cubo con tapa para gardar balóns ou calquera outro material deportivo. E, por último, un banco zapateiro para calzarte antes de saír pola porta.
Como podes ver, o resultado é un recibidor perfectamente organizado co que gañaredes varios minutos cada vez que saiades da casa. O mellor é que isto só é un exemplo de todo o que podes facer cos nosos accesorios de organización e almacenaxe. Así que non dubides en personalizalo por completo segundo as vosas necesidades..
3. Unha lugar de aventuras organizado
O máis probable é que, se ti e maila túa familia vivides practicamente ao aire libre, teñades un feixe de cousas. Por iso, recomendámosche colocar un sistema de almacenaxe modular no garaxe ou no faiado. No que utilizamos nós podes personalizar facilmente unha sección para cada membro da familia con estantes, cestos e caixas, entre outras cousas. Mesmo podes adaptar as alturas dos estantes e as guías para que os nenos poidan coller as súas cousas sen problemas.
Deste xeito, terás espazo dabondo para colocar dende o equipamento deportivo de maior tamaño, como o de esquí ou a bolsa dos paus de golf, ata outros máis pequenos, como as pas de bádminton ou pimpón. Ademais, tamén terás espazo para a roupa, os zapatos e os accesorios como os cascos. Terédelo todo perfectamente organizado e listo para a vosa próxima escapada deportiva!
Queres unha idea a maiores? Fai clic no vídeo para descubrir como crear unha zona para practicar ioga na casa. É moi sinxelo!

Cal destas opcións encaixa mellor co teu estilo de vida e a túa vivenda? Sexa cal for, agardamos que todo isto sirva para que teñas o teu material deportivo mellor organizado. Xa sabes que practicar deporte é moi beneficioso para a saúde, así que para mantervos activos, velaquí outros artigos relacionados que poden interesarte.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter presente que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.