Saltar

Unha gran celebración familiar: un espazo económico con cociña e comedor

Escolle almacenaxe simple, mobles de comedor flexibles e uns prezos incriblemente baixos. Mestura todo removendo ben e obterás as creacións deste espazo con cociña e comedor pensadas para esta familia de varias xeracións. Para darlle o toque final, engade un banco a carón dunha fiestra asollada, un recuncho con música e os aromas de algo delicioso con burbullas e conseguirás un espazo no que esta familia se encontrará cómoda... mesmo moito despois de limpar os pratos.

Cociña en branco e negro con armarios METOD brancos e interiores MAXIMERA, así como unha zona de comedor con dúas mesas MELLTORP brancas.
Cociña en branco e negro con armarios METOD brancos e interiores MAXIMERA, así como unha zona de comedor con dúas mesas MELLTORP brancas.

Compartir comida e forxar lembranzas

Semella unha vergoña chamarlle a isto a mesa de comedor cando a súa descrición funcional abrangue realmente moito máis. Para esta familia de varias xeracións de comechóns, trátase máis ben do punto de encontro central: o lugar da casa onde todos os camiños se cruzan de seguro. Dende conversar cun café á mañá ata debater os sucesos do día na cea ou celebrar os grandes acontecementos vitais en ocasións especiais: todo sucede aquí.

Velaquí todas as vaixelas
Familia en cadeiras STEFAN en negro-marrón arredor de dúas mesas MELLTORP brancas, sorrindo nun comedor branco e negro.
Sección dunha mesa cuberta con pratos OFTAST brancos, copas de viño POKAL e cubertos UPPHÖJD en beixe.
Velaquí todas as vaixelas

Máis asentos; máis almacenaxe

Cando as cadeiras e o mesado están ateigados de cousas, é hora de recorrer a unha axuda adicional. Os tallos encastelables apenas ocupan espazo no recuncho do cuarto, así que podes empregalos na próxima ocasión festiva. Namentres, un carriño de varios pisos almacena todos os condimentos e cubertos adicionais para que todas as cousas que precises pedir dende a mesa cho poidan pasar arredor da mesa, no canto de por riba dela.

Velaquí todos os carriños
Comedor cun neno nun tallo MARIUS branco e unha muller nunha cadeira STEFAN en negro-marrón, os dous xunto dúas mesas MELLTORP brancas.
Carriño RÅSKOG negro con accesorios para o comedor sobre o chan de madeira escura dunha cociña de azulexos brancos.
Velaquí todos os carriños
Mesado cheo de ingredientes no medio da preparación dun prato, un pano de cociña RINNIG e unha bolsa de carne picada vexetal VÄRLDSKLOK.

Boloñesa clásica cun xiro sostible intelixente


A famosa receita familiar do avó recibe agora unha actualización sen carne grazas á carne picada vexetal VÄRLDSKLOK feita de proteína de chícharo. Simplemente delicioso!

Cantidade para catro racións

• 400 g de carne picada vexetal VÄRLDSKLOK
• 1 cebola amarela picada
• 2–3 dentes de allo esmagados
• 1 cenoria ben picada
• 1 talo de apio cortado ben picadiño
• 3 culleradas de salsa de tomate
• 1 cullerada de ourego seco
• 1 cullerada de tomiño seco
• 2 culleradas de sopa de verduras
• 3 dl de auga
• 800 g tomates triturados
• 0,5 culleradiña de sal
• 0,5 culleradiña de pementa negra moída
• 2 dl de follas de alfábega fresca
• Aceite de colza para fritir

Recuncho dunha cociña en branco e negro con armarios baixos brancos e múltiples utensilios en barras instaladas nunha parede de azulexos brancos.

O motor dun fogar que ama a comida

Sorprenderíaste ao ver os mesados ou o vertedoiro baleiros nesta cociña tan chea de vida, onde ferve a auga das cazarolas e burbullan as potas día e noite. Comer é a recompensa, mais o proceso de cociñar é igual de interesante!

Velaquí todas as portas e frontes de caixóns METOD

Alcanzar, coller e cociñar

As potas, batedores, utensilios de repostaría e outros útiles están apartados nos caixóns da cociña, así hai máis espazo libre nas paredes e mesados nesta cociña tan transitada.

Velaquí todos os coitelos e táboas de cortar
Hai accesorios de cociña suxeitos en ganchos e no interior de recipientes pendurados en barras HULTARP negras, instaladas nunha parede de azulexos brancos.
Un pano de cociña RINNIG con estampado cobre unha fogaza de pan fresco a carón dun bloque de tres coitelos JÄMFÖRA negro nun mesado iluminado polo sol.
Velaquí todos os coitelos e táboas de cortar

Os utensilios indispensables para cociñar a diario

Quen dixo que cociñar pratos deliciosos ten que custar unha fortuna? Non te equivocarás con este conxunto de 5 pezas de utensilios de cociña fabricados en aceiro inoxidable de gran calidade por un prezo asombrosamente baixo.

Velaquí todos os conxuntos de utensilios de cociña
Unha pota de aceiro inoxidable ANNONS, coa súa tapa de cristal apoiada nun dos extremos, sobre un carriño de bidueiro FÖRHÖJA preto dunha parece de azulexos brancos.
Velaquí todos os conxuntos de utensilios de cociña

Entre comidas

Pode que a cea desta noite estea aínda por facer, mais non importa. Para variar, non hai quen pare na zona do comedor. As dúas mesas arrexuntadas tamén se poden separar se é preciso para aproveitar a flexibilidade de facer calquera cousa, tanto os deberes como xogar creando as vías do tren.

Velaquí todas as mesas de comedor
Varios membros dunha familia fan distintas actividades a un tempo en mesas MELLTORP brancas, a carón dun carriño RÅSKOG negro nunha cociña en branco e negro.
Un neno e os seus pais comparten un momento de xogo cun sistema de vías de tren LILLABO e cun tallo MARIUS branco nun chan de madeira escura.
Velaquí todas as mesas de comedor
Unha zona de comedor articulada arredor de dúas mesas MELLTORP, cadeiras STEFAN en negro-marrón e lámpadas de teito SKURUP negras.

Grandes reunións con poucos gastos

Este comedor de gran valor ofrece sitio para toda a familia: xunta as dúas mesas, engade sete cadeiras e un tallo e remata con dúas lámpadas de teito. Todo por menos de xxx €.

Velaquí tes outros xeitos de celebrar por menos diñeiro

Di que es un comechón sen dicir que es un comechón

Caixóns cheos de ingredientes frescos, andeis cargados de vaixela e armario montado na parede dende o que soan as cancións durante a cea. Sen dúbida, para esta familia a comida e o estar xuntos é cousa seria!

Unha botella de aceite de colza SMAKRIK nun mesado cheo de comida cociñada, parte dela gardada en porcións dentro de recipientes IKEA 365+.
Parede dunha cociña de azulexos brancos con utensilios pendurados dunha barra HULTARP negra, incluído un pano de cociña RINNIG e unha pota ANNONS.
Columna de caixóns brancos abertos que deixan ver botellas, tarros e accesorios de cociña.
Andeis montados na parede dunha cociña de azulexos brancos sobre os que hai moreas de cuncos e pratos OFTAST brancos, vasos POKAL e máis obxectos.
Recuncho dunha cociña de azulexos brancos con armarios de catro compartimentos EKET gris escuro montados xuntos na parede.

Ola, sol

Nesta cociña non se desaproveita nada. Nin comida, nin espazo, nin un só raio da gloriosa luz dourada que entra na casa todas as tardes. Os estantes de cristal diante das fiestras permiten manter un fogar asollado para as herbas aromáticas medraren, mentres que o banco acolchado ofrece un asento ao sol para quen queira gozar dun posto privilexiado.

Velaquí todos os accesorios de cultivo
Invernadoiro decorativo SENAPSKÅL negro colocado sobre unha lámina de vidro diante dunha fiestra iluminada polo sol, cuns brotes medrando nos lados.
Cestas de reixa brancas con patas montadas en estruturas PLATSA que forman unha unidade de almacenaxe que serve tamén de banco, a carón dunha fiestra.
Velaquí todos os accesorios de cultivo