Saltar

3 formas de cultivar na casa cando non tes xardín

A primavera é unha época perfecta para desenvolver o noso lado máis ecolóxico e empezar a cultivar na casa. Non tes xardín nin unha finca onde crear a túa zona de cultivo? Non te preocupes, ofrecémosche 3 alternativas sinxelas, económicas e moi divertidas para gozares desta marabillosa experiencia. Non perdas estas ideas!

1.Un xardín colgante

Cando pensamos en cultivar, sempre pensamos no método clásico de plantar sementes nunha superficie de terra, non si? Porén, sabías que existe un tipo de cultivo que se basea precisamente en prescindir do chan? Esta técnica recibe o nome de agricultura hidropónica (“hydro” auga e “ponos” labor) e substitúe o chan por unhas disolucións minerais. Polo tanto, é un candidato perfecto para practicar o cultivo na casa, xa que se adapta a calquera espazo, independentemente do pequeno que sexa.

Ben, e como creamos este xardín? Pois é máis sinxelo do que parece. Só precisas: fío transparente, un colgadoiro e uns recipientes.

Coa axuda dun colgadoiro, creamos a estrutura perfecta para cultivar: cada gancho utilízase para unha plantación diferente. Pola súa banda, os floreiros transparentes (ou mesmo os recipientes con forma de tubo) serán os recipientes onde irán a sementes e a auga e nos que ós poucos medrarán as nosas plantacións.Se mesmo parece unha obra de arte!

O mellor? Poderás seguir a evolución das túas plantacións moi de preto.

Un consello: infórmate ben das necesidades do teu cultivo para saber se esta técnica é compatible. As hortalizas pequenas, por exemplo, son unhas candidatas estupendas. Ah! Ten coidado co peso de cada recipiente.

2.Un minixardín portátil

Se coidas que o exemplo de antes é algo complexo ou, simplemente, queda pequeno, unha grande alternativa é crear un xardín vertical

Esta opción é perfectamente válida se tes unha terraza pequena ou un balcón amplo, por exemplo. Crealo é moi cómodo e sinxelo; abonda con reservar un espazo para colocar un estante aberto e poñer en cada andel as plantacións que quixeres. Escolle un testo para cada unha e cultiva as túas flores e hortalizas favoritas con total comodidade.

Neste caso, utilizaremos a técnica de terra, sementes e rego. Se queres que sexa máis doado, coloca os cultivos segundo a frecuencia de rego para non embarullarte. Tamén podes poñer unha nota explicativa nos andeis ou testos para saber cada canto tes que regar. Ou podes configurar unha alarma no móbil para que cho lembre automaticamente.

Un consello: reserva espazo no andel inferior para colocar a regadeira e tela sempre á man. Ademais, prepara un pequeno kit de xardinaría con ferramentas e testos a maiores por se tiveres que transplantar algún cultivo nun futuro. 

3.Nanoinvernadoiros

É outra alternativa para cultivar no fogar; unha opción moi sinxela e entretida para facela cos máis pequerrechos da casa

Comparte a maxia de ver unha planta agromar. Crea un viveiro decorativo para toda a familia con algo tan común e económico como unha bolsiña reutilizable transparente.

Para crear un nanoivernadoiro, só precisas:

  • Algodón
  • Sementes
  • Bolsiñas de plástico con peche (de feito, estas están fabricadas cun material renovable e máis respectuoso co medio ambiente)

 

Algún segredo máis? Non! Cando teñas todos os elementos, só tes que humedecer as bólas de algodón e colocalas coas sementes que seleccionaches nas bolsiñas. Feito!

Dá unha oportunidade á xardinaría e namórate de todos os beneficios que nos achega. Se lle colliches o gusto e queres máis ideas para as túas plantas, non perdas esta selección especial de artigos: 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter presente que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.