Agasallos que namoran
Atopa os detalles máis románticos para facer agasallos en San Valentín á túa parella, aos teus pais ou mesmo a ti; cada persoa ten o seu amor verdadeiro.

O tradicional nunca falla
Combina as túas flores favoritas cun vaso e regala o conxunto perfecto para aledar calquera recanto do fogar. Coa nosa variedade de vasos en diferentes formas e cores, seguro que atinas coa túa persoa favorita este San Valentín.
Momento spa para San Valentín
Ás veces, non é necesario saír da casa para que flúa o romanticismo: abonda con crear unha escena íntima e acolledora. Para facelo, monta o teu propio centro de benestar no baño.
Cheiros que espertan paixóns
Candeas perfumadas que, ademais de achegar cor e cheiro ás túas citas, xeran escenas románticas. Nada mellor que os momentos á luz das candeas para que flúa o amor.
Un almorzo de namorados
Un detalle doce, unha boa posta en escena e un espertar sen présas. Nada mellor que este plan para comezar o día de San Valentín en grande.
Descubre máis ideas para San Valentín
O día de San Valentín é unha auténtica festa do amor. Pero iso non significa que só haxa un xeito de celebralo. O amor maniféstase de moitas maneiras diferentes. Por exemplo, podes pasar a noite no sofá, saír a cear ou optar por algo totalmente distinto.
A decisión está nas túas mans: tes a escusa perfecta para facer exactamente o que che gustaría. Acende candeas no baño, decora a sala de estar con flores ou, por que non, fai ambas as cousas. Queres engadir un pouco máis de emoción? No canto de meter todos os agasallos nunha cesta de San Valentín, planifica unha romántica busca do tesouro. O único que tes que facer é agochar algúns agasallos e, quizais, debuxar un mapa. Son os pequenos detalles e os grandes esforzos os que gañan o corazón desa persoa especial. O único que podemos facer nós é axudarche a atopar o agasallo e a decoración perfectos para que o día sexa aínda máis especial.
Os agasallos de San Valentín feitos co corazón á persoa coa que espertas cada día ou ás túas mellores amizades non teñen nada que ver co prezo. Se o combinas con decoracións deseñadas para crear unha escena romántica, conseguirás que sexa un día inesquecible. A nosa ampla selección de accesorios románticos para a túa celebración no fogar están a agardar por ti para que deas o salto.
Preparémonos para o mellor día de San Valentín, co sentido que ti lle deas.
Agasallos de San Valentín para un día inesquecible
Ninguén coñece os gustos da túa parella mellor ca ti; por iso, en IKEA temos unha gran variedade de agasallos de San Valentín, así como a certeza de que atoparás o perfecto para ese día. Dende unhas candeas para amenizar a cea ata orquídeas para que medren como o voso amor; ademais, se queres facer un agasallo delicioso, temos todo o que precisas para sacar o teu lado máis chef.
Máis ideas para San Valentín
En IKEA, tamén podes atopar agasallos de San Valentín que coincidan cos seus gustos e afeccións. Se é unha persoa que ama a tecnoloxía, podes botarlles unha ollada ás cadeiras de gaming baratas e a todos os accesorios, como altofalantes bluetooth ou iluminación intelixente, para que estea equipada coas últimas tendencias. Tamén temos agasallos de San Valentín para quen nunca para no fogar, como mochilas, cuncas con tampa e mesmo bolsas para levar a comida ao traballo. Tamén podes atopar ideas para gozar en parella e os pequenos detalles, como candeas para ter un baño relaxante; en IKEA, hai unha morea de accesorios de baño perfectos para este momento. Para quen ama as plantas, atoparás dende suculentas ata orquídeas, e dispoñemos de testos baratos perfectos para cada planta.
Non importa o orzamento que teñas: en IKEA, atoparás agasallos de San Valentín para abraiar a quen queiras; por iso, non podes perder as nosas recomendacións IKEA. E, se aínda che custa buscar o agasallo de San Valentín perfecto, sempre podes regalar unha tarxeta agasallo IKEA, e que goce mentres merca o que máis lle guste.
E se casas este ano, descubre esta selección de detalles de voda. Aos teus convidados e ás túas convidadas encantaranlles!
Seguro que, con todas estas ideas para San Valentín e co teu toque persoal, conseguirás que este día sexa inesquecible!








































































































