Saltar

Agasallos perfectos para bebés e pais principiantes.

Se hai algo máis fascinante que ver un bebé descubrir unha nova cousa favorita, é observar a reacción da súa familia. Velaquí algunhas ideas para regalarlles algo que sexa útil e valioso. Descubre o marabilloso mundo dos bebés cos agasallos de IKEA para pais principiantes, como xoguetes, mantas e moito máis.

Un bebé tombado nun ximnasio para bebés gris GULLIGAST debaixo de peluches colgantes.

Bebés felices = pais tranquilos

Buscar agasallos para bebés ou pais principiantes pode semellar complicado. Estamos aquí para botarche unha man! Compartimos contigo ideas de agasallo que farán que tanto o bebé coma os pais queden moi contentos. 

Velaquí todos os accesorios para bebés
Velaquí todos os accesorios para bebés

Ideas de agasallos para pais principiantes

O mundo dos pais principiantes está cheo de sorpresas, cueiros e noites sen durmir. Crea para eles un kit de supervivencia con produtos IKEA, dende o cambiador perfecto ata tecidos para o bebé. Temos todo o que poden necesitar para afrontar o maior desafío das súas vidas.

Caixas DRÖMSLOTT con accesorios téxtiles para bebé con cinta de agasallo.

Xoguetes para 0-6 meses

Os bebés e cativos teñen cousas que explorar e aprender en cada recuncho. Expande a súa imaxinación con peluches, tecidos suaves e adorables amiguiños que lembrarán durante moitos anos. Estes agasallos tamén son xeniais para pais principiantes. Dar agasallos para bebés acabados de nacer é unha maneira de dicir: "Deixádeme que vos faga a vida un chisco máis sinxela". E é algo que agradecerán de verdade.

Velaquí todos os xoguetes para bebés
Ximnasio para bebés de cor azul e figuras de animais mariños KLAPPA cun bebé xogando tombado enriba.
Velaquí todos os xoguetes para bebés

Xoguetes a partir de 6 meses

Nesta etapa, os bebés empezan a ter curiosidade polo mundo que os rodea: non paran de explorar e de rir!  Desenvolven unha maior habilidade nas mans, xa que empezan a usar os dedos e a palma para agarrar. E sobre todo é unha etapa de movemento ininterrompido, xa que empezarán a sentar e a desprazarse á súa maneira, sempre en continua evolución.

Un neno sentado sobre unha alfombra xogando co libro téxtil KLAPPA

Xoguetes a partir de 12 meses

O teu pequerrecho empezará pronto a camiñar. Seguro que xa lle apetece dar os seus primeiros pasos. Cada vez fala mellor e xa sabe dicir máis palabras, pero, sobre todo, esta é unha etapa na que comeza a explorar e entreterse só.

Un neno camiñando mentres xoga cun carriño UPPSTÅ de cor verde

Xoguetes a partir de 18 meses

Cada vez progresan máis e senten máis curiosidade polo que hai ao seu redor.  Por iso, os xoguetes tipo Montessori teñen que permitirlles experimentar, aprender e pasalo ben.  Ademais, quererán participar nas tarefas domésticas, xa sexa varrendo ou quitando o po. Encántalles imitarnos! É importante seguir estimulando a súa psicomotricidade fina, con texturas, formas, xogos de encaixar obxectos e construír, etc.

Unha nena xogando cun túnel e unha tenda DVÄRGMÅS, e pelotas sobre un fondo vermello.