Saltar

Agasallos para os amantes dos animais

Preguntácheste algunha vez se tes todo o que a túa mascota necesita? Desde pratos e recipientes para a auga e a comida, ata unha cama, xoguetes e accesorios básicos para cubrir todas as súas necesidades no fogar.

Un can deitado aos pés do sofá no que descansa o seu dono, que o está a aloumiñar

Para saber o que necesitan as nosas mascotas, temos que pensar como elas

Poñernos na súa pel por un intre, analizar os seus movementos e comprobar o que as fai felices, que accesorios utilizan e que elementos usan nas súas actividades diarias. Por iso, no momento de crear a colección de IKEA para cans e gatos contamos con deseñadores amantes das mascotas e expertos veterinarios. A gama UTSÅDD foi creada partir das necesidades naturais e do comportamento das nosas mascotas.

Velaquí todos os accesorios para mascotas
Velaquí todos os accesorios para mascotas

O agasallo perfecto para os amantes dos gatos

Os gatos, ó igual que calquera outra mascota, teñen necesidades especiais; gústalles correr, xogar, saltar e, por suposto, sentirse protexidos. Regálalles unha casiña para que se sintan seguros, ou unha rascadeira para estarricarse e afiar as unllas.

Velaquí todos os accesorios para gatos
Velaquí todos os accesorios para gatos

Accesorios para cans que non podes esquecer

Sabemos que a túa mascota comparte o teu fogar contigo, mais, poderías regalarlle unha cama nova ou un coxín para así ela estar máis cómoda e ter tamén un sitio de seu. Deste xeito sentirase máis independente e saberá en todo momento cal é o seu sitio.

Velaquí todos os accesorios para cans
Un can preparado para comer
Un canciño xogando cun túnel de xoguete na sala de estar
Un can descansando nun coxín
Dous cans, un sentado no sofá e outro na súa cadeira de brazos, os dous na sala de estar da casa
Un can xogando coa súa ama a sacar un selfie
Velaquí todos os accesorios para cans

Descubre máis ideas de agasallos