Saltar

Pérdete na túa creatividade

Pode ser bo perderse! Vai dar un paseo por unha zona que non coñezas e pérdete un anaquiño. Despois, podes debuxar un bosquexo para documentar aquilo que te inspirou. Debuxar ambientes urbanos pódete axudar a abrir a mente e deixar voar a túa creatividade, independentemente das túas habilidades.

Localización: Exterior
Momento do día: Tarde
Duración: 2 horas

Pérdete na cidade para atopar a inspiración.

Unha muller cun impermeable amarelo utiliza unha caixa de accesorios de debuxo MÅLA para pintar namentres pasea pola cidade.
Unha muller nun parque urbano fai debuxos nunha caixa de accesorios de debuxo MÅLA.

Atopar a creatividade no mundo arredor de ti

Explorar e debuxar lugares descoñecidos faite ser máis consciente do mundo arredor de ti e aumentar a túa atención aos detalles. Unha cidade é unha fonte de inspiración ilimitada; sempre queda algo por explorar e pódese debuxar en todos os recunchos. Camiñar sen rumbo fixo tamén é unha distracción do exercicio. Camiñas máis sen ser consciente.

 

  • Mete artigos de debuxo MÅLA e auga nunha mochila PIVRING e sal fóra. Camiña sen rumbo seguindo os teus instintos, non un mapa ou o teléfono.
  • Sigue camiñando ata lugares descoñecidos para ter a oportunidade de descubrir cousas novas. É xenial cando estás de viaxe.
  • Cando algo chame a túa atención, atopa un lugar para sentar e fai un debuxo do que ves. Tenta captar o momento do xeito que estás a velo e a sentilo. 

Prepárate para cando chegue a inspiración

Coa caixa de accesorios de debuxo MÅLA, estarás preparado/a para debuxar en calquera lugar e calquera momento. Ten todos os lapis e papel MÅLA que precisas, e cabe comodamente na túa mochila PIVRING.

Unha muller camiña pola cidade cunha mochila PIVRING e unha caixa de accesorios de debuxo MÅLA.
Unha muller nun estudio de arte prepara unha caixa de accesorios de debuxo MÅLA con lapis e papel.
Unha muller nun estudio de arte sérvese un vaso de auga dunha botella de auga IKEA 365+.
Unha muller nun estudio de arte prepara unha mochila PIVRING.
Unha muller nunha rúa dunha cidade fai debuxos nunha caixa de accesorios de debuxo MÅLA.