Pequenos petiscos, grandes momentos
Que sería das bebidas sen a comida? As tapas son pequenos pratos que se serven coa bebida en España. Petisca un pouco de todo, ou só dos teus pratos favoritos, namentres gozas ceando coas túas amizades. Prepara as túas receitas clásicas ou deléitate coas deliciosas sobras para non desperdiciar ren.
Localización: Comedor
Momento do día: Noite
Duración: 2 horas
Proba unhas boas tapas en boa compañía.


- Páxina de información do produto
Receita do ritual
Unha comida con tapas é perfecta para relaxarse e pasar o tempo coas amizades. As porcións pequenas, como as tapas, permítenche probar máis pratos e falar sobre eles. Parolar durante a comida facilita a unión entre persoas.
- Cociña ou merca unhas tapas, ou pide aos teus convidados que traian algunha. O pan é esencial.
- As bebidas son imprescindibles: viño, cervexa ou bebidas sen alcol son boas opcións.
- Sirve os pratos en pequenas porcións nunha mesa informal. As fontes e as cuncas pequenas, como as de IKEA 365+, e unha táboa de cortar como a táboa PROPPMÄTT son ideais.
- Non precisas pratos: os teus convidados poden utilizar garfos, culleres e panos de mesa GRUPPERA. Abonda con achegarse á mesa e gozar da conversa.