Báñate na natureza
Con tantas masas de auga en todo o país, Suecia ofrece infinidade de oportunidades para nadar na natureza. Fai como os suecos, métete nun lago, río ou mar; o traxe de baño é opcional. Recupera enerxía e fortalécete con auga fría e natural.
Localización: Exterior
Momento do día: Mañá
Duración: 15 minutos
Goza da sensación de mergullarte na auga.


- Páxina de información do produto
Receita do ritual
Nadar na natureza mellora a produción de endorfinas e outras hormonas da felicidade, e o reto de facelo en auga fría fará que te sintas máis forte. A exposición ao frío reforza o sistema inmunitario e, ao centrarte só nas sensacións físicas, poderás deixarte levar e desestresarte.
- Elixe un lago, un estanque, un río ou un mar para nadar.
- Entra en calor cun bo paseo ou carreira pola zona.
- Prepárate mentalmente con exercicios de respiración e mergúllate na auga.
- Agarda uns intres ata a sensación de frío desaparecer e comeza a gozar da sensación de liberdade.
- Deléitate cunha bebida quente e roupa seca despois do baño.