Mirada fixa no lume
"Trataka" é un tipo de meditación que consiste en parar a vista nun punto fixo, coma a chama dunha candea. Unha sesión de meditación vespertina observando unha candea despexará a túa mente despois dun día longo. Concéntrate na candea para canalizar os teus pensamentos, recuperar enerxía e atopar o teu estado de paz.
Localización: dormitorio
Momento do día: pola noite
Duración: 15 minutos
Goza do poder calmante dunha sesión meditativa intensa.


- Páxina de información do produto
Como acougar a mente a través da meditación
Para baleirar a mente e combater o insomnio, antes de durmir, proba a meditar observando fixamente a chama dunha candea. Meditar coa vista fixa nun punto de luz mellora a concentración, a paciencia, a memoria e a determinación. Ademais, ten outros beneficios, como mellorar o sistema nervioso equilibrando a actividade entre os dous hemisferios do cerebro.
- Busca un lugar tranquilo onde meditar e senta comodamente sobre unha alfombra TOFTLUND.
- Pon unha candea aromática JÄMLIK diante de ti, a altura dos ollos ou no chan. Acéndea e deixa que te guíe.
- Fixa a mirada nos movementos da chama mentres respiras lenta e profundamente. Deixa fluír as emocións.
- Cando te relaxes, pecha os ollos e imaxina que tes a candea entre as cellas.
- Se perdes a concentración, abre os ollos e repite o proceso ata que a imaxe che quede na mente.