Saltar

Melomanía verde

As plantas e as flores tamén gozan da música. Poñerlles música ou cantarlles é beneficioso para o seu benestar, e tamén para o teu. Sentiraste aínda mellor cando vexas as túas frondosas amigas crecer e florecer grazas ás túas cancións.

Localización: sala de estar
Momento do día: pola mañá
Duración: 20 minutos

As plantas sempre corresponden o cariño que lles das.

Un home sentado á beira dunha fiestra, lendo un libro e tomando café, rodeado de plantas de interior.
Un home canta cun atomizador TOMAT a modo de micrófono.

Como darlles unha serenata ás plantas para axudalas a medrar

Coidar das plantas é como coidar dunha mascota. Lembra que as plantas son organismos vivos e os bos coidados reflíctense nelas. Hai moitos estudios que relacionan a música cun mellor crecemento das plantas. E se cantas un pouco, ti tamén o notarás! A que agardas? O público xa o tes. Só falta que saques o cantante que levas dentro!

 

  • Selecciona a túa música e comeza a reproducila co altofalante ENEBY preto das túas plantas.  Canta coma se o fixeses para outra persoa (ou cantaruxa). Aproveita o momento para conectar coas túas plantas.
  • Comproba a humidade da habitación e dos testos. Rega as plantas se o precisan.
  • Quita o po das follas cun pano de cociña HILDEGUN para que reciban ben a luz do sol! Pulverízaas cun atomizador TOMAT.
  • Non pares. Deixa continuar a música ou toca unha melodía cun instrumento. As túas plantas quedarán encantadas.

No hai nada como unha canción para expresar o teu amor

Coloca o altofalante portátil ENEBY xusto ao lado das plantas para que poidan sentir o ritmo. Cantaruxa coa música mentres regas, pulverizas e quitas o po das follas.

Un home rega as plantas cunha regadeira IKEA PS 2002.
Un home rega as plantas cunha regadeira IKEA PS 2002.
Un home sostén un altofalante Bluetooth portátil ENEBY.
Un home pulveriza as follas das plantas cun atomizador TOMAT.
Un home limpa o po das follas dunha planta cun pano de cociña HILDEGUN.