Estirar para descansar
Prepárate para ter un sono reconfortante todas as noites. Estirar antes de deitarse alivia a tensión e o estrés do día, e axuda a relaxarse. Que durmas ben!
Localización: cuarto de baño
Momento do día: pola noite
Duración: 20 minutos
Relaxa o corpo antes de quedar durmido.


- Páxina de información do produto
Como estirar o corpo para durmir coma os anxos
Estirar antes durmir relaxa os músculos e as articulacións, e fai que te sintas máis lixeiro, tranquilo e listo para ter un sono reparador. Polo tanto, axuda a conciliar o sono, propicia que o corpo se recupere mellor durante a noite e faite sentir coma novo pola mañá.
- Pon algo de música suave para relaxarte. Colle o teu altofalante portátil ENEBY, pon o pixama e vai para a cama.
- Utiliza a almofada LAPPTÅTEL ou o coxín KÄRLEKSGRÄS para apoiarte mentres fas algúns estiramentos suaves. Móvete amodo para liberar a tensión en brazos, pernas e costas.
- Respira profundamente mentres te estiras. Coordina os movementos con cada respiración.
- Fai unha serie de polo menos seis estiramentos diferentes ata relaxáreste por completo. Tómbate, tápate coas mantas e déixate levar.