Cunca curadora de té
Crear o teu propio té é como elaborar o teu propio medicamento, como adoitaban facer as avoas. Elixe os ingredientes axeitados, os que máis che gusten e melloren a saúde.
Localización: Cociña
Momento do día: Tarde
Duración: 20 minutos
Divírtete creando o teu propio té.



- Páxina de información do produto
Como elaborar o teu propio té
O té relaxa e reduce o estrés, grazas a el conectarás mellor co teu corpo e coa contorna. Tamén é un potenciador natural de enerxía que mellora o sistema inmunitario e acelera o metabolismo. Unha mestura caseira de té fresco dura máis cás que veñen xa preparadas e, ao utilizar ingredientes a granel, tamén será moito máis económica.
- Elixe as túas herbas secas favoritas como base para a mestura de té e ponas nunha teteira RIKLIG. Engade froitas e especias ao teu gusto.
- Engade auga case fervendo e déixaa repousar durante 10 minutos. Verte o té nunha cunca IKEA 365+.
- Sinte a calor da cunca nas mans e deixa o vapor aloumiñar o teu nariz. Goza do aroma. Saborea cada ingrediente. Sinte como se che vai relaxando o corpo.