Comparte o baile da vitoria
Por fin é venres! Comparte os teus logros semanais, grandes e pequenos, cun novo baile que aprendeses durante a semana. Transmite boas vibracións nas redes sociais e anima a outros a compartir tamén os seus logros.Comeza a fin de semana con música, baile e un chisco de positividade.
Localización: Dormitorio
Momento do día: Noite
Duración: 30 minutos
Sinte a emoción ao compartir os teus logros.


- Páxina de información do produto
Receita do ritual
Mover o corpo ao ritmo da música dáche enerxía e fortalece a confianza. Ademais, ao celebrarmos as cousas boas que nos pasan melloramos o noso optimismo, estado de ánimo e emocións positivas. Ao compartir os momentos felices nas redes sociais podes conectar con outras persoas e transmitir boas vibracións.
- Escribe unha listaxe de cousas boas que viviches durante a semana e que che gustaría compartir.
- Elixe os pasos de baile que mellor expresen a túa alegría. Practica ata sentirte seguro.
- Encontra un lugar na casa cun fondo chulo para o espectáculo. Engade algunhas tiras de iluminación LEDBERG para crear un ambiente festivo.
- Acende o aro de luz LÅNESPELARE e empeza a gravar co teléfono. Comeza a bailar, celebrar e compartir!