Saltar

As chulas dos domingos

Que mellor forma de gozar dun domingo que cun feixe de chulas caseiras? Experimenta con diferentes aderezos para encontrares a combinación favorita. E despois, deixa que a luz da mañá te embargue como cando as chulas se enchoupan ben de xarope: amodo e profundamente.

Localización: Cociña
Momento do día: Mañá
Duración: 60 minutos

Prepara todas as que queiras.

Unha muller sorrindo prepara chulas nunha tixola especial HEMLAGAD.
Unha muller bota a mestura das chulas dun cunco para mesturar VISPNING nunha tixola especial para chulas HEMLAGAD.

Receita do ritual

Preparar chulas caseiras é relaxante e fai que te centres no presente. Tamén son máis saudables cás mesturas xa preparadas, xa que as chulas integrais son unha boa fonte de nutrientes para coller enerxía pola mañá. Ademais son unha comida divertida e reconfortante, que sempre trae boas lembranzas. De feito, alimentan a alma.

 

  • Reúne os ingredientes necesarios: fariña integral, lévedo en po, leite, ovos, azucre, manteiga e sal.
  • Bate os ovos cun batedor IKEA 365+ HJÄLTE nun cunco para mesturar VISPNING ata quedaren esponxosos. Engade o resto de ingredientes e reméxeos ata a fariña humedecer. O resultado será unha masa lixeiramente espesa.
  • Quenta a tixola especial para chulas HEMLAGAD e bótalle unha capa de aceite. Verte media cullerada de sopa da masa. Cocíñaa ata a parte superior comezar a burbullar e os bordos adoptaren un aspecto seco. Dálle a volta e sigue cociñándoa ata quedar dourada.
  • Engade aderezos nutritivos, como plátanos ou mazás e que aproveite.

O doce aroma dos domingos

Bate a mestura cun batedor IKEA 375+ HJÄLTE nun cunco para mesturar VISPNING ata quedar esponxosa e cocíñaa ata estar dourada nunha tixola especial para chulas HEMLAGAD. Engade compota e xa será oficialmente domingo.

Unha muller introduce un batedor IKEA 375+ HJÄLTE nun cunco para mesturar VISPNING.
Unha muller dá a volta ás chulas cunha espátula IKEA 375+ HJÄLTE nunha tixola especial para chulas HEMLAGAD.
Un bote de compota de framboesa e arandos azuis SYLT HALLON & BLÅBÄR.
Unha muller bota a mestura das chulas dun cunco para mesturar VISPNING nunha tixola especial para chulas HEMLAGAD.
Mestura para chulas verténdose nunha tixola especial para chulas HEMLAGAD ao lume.