Saltar

Adéntrate no bosque

Amar a natureza non é só cousa de Suecia. O "shinrin-yoku", ou baño no bosque, é unha práctica xaponesa que consiste en impregnarse por completo da paisaxe, os sons e os olores do bosque durante horas. É unha viaxe de inmersión que ten un efecto reconfortante no corpo e na mente. Adéntrate na natureza para desfacerte do estrés, cargar as pilas e volver coa enerxía renovada.

Localización: ao aire libre
Momento do día: pola mañá
Duración: 60 minutos

Goza da enerxía que transmite a natureza

Unha muller cunha chaqueta vermella dá un paseo nun bosque en outono, rodeada de follas secas.
Unha muller no bosque abre una botella de auga FORMSKÖN. É outono e leva posto un abrigo.

Como absorber o poder da natureza

Conectar co bosque ten moitos beneficios, como subir a moral, impulsar a creatividade e mellorar o descanso pola noite. Os baños de bosque tamén reducen a tensión, a fatiga e o estrés, e axúdannos a relaxarnos e concentrarnos. Esperta os sentidos e conecta coa natureza e co teu corpo.

 

  • Leva unha mochila STARTTID con auga e comida para manteres o teu nivel de enerxía ben arriba.
  • Visita o teu bosque favorito e comeza a camiñar.
  • Para sentires unha maior conexión coa terra, camiña sen zapatos. Se ves unha lagoa ou un pequeno arroio, mete os pés na auga.
  • Necesitas recargar a enerxía? Bota man da merenda.
  • Céntrate no que sentes e na calidade do paseo, nada de pensar nos minutos transcorridos ou a distancia percorrida.
  • Marcha en paz e en sintonía coa natureza.

Todo listo para explorar

Prepara a túa mochila STARTTID cunha botella de auga FORMSKÖN e friameiras PRUTA coa merenda, e sal a perderte polo bosque. Leva unha toalla DIMFORSEN por se metes os pés nun estanque!

Unha muller risoña sentada na beira do estanque dun bosque, cos pés metidos na auga. É outono e leva posto un abrigo. Ao lado, ten unha mochila STARTTID.
Unha muller nunha cociña enche una botella de auga FORMSKÖN.
Unha muller nunha cociña ponlle a tapa a unha friameira PRUTA.
Unha muller nun bosque aloumiña un piñeiro. Leva unha mochila STARTTID cunha botella de auga FORMSKÖN.
Unha muller nun bosque saca unha bolsa de froitos secos MUNSBIT.