Saltar

Acouga un chisco

Prepara o teu propio café e dedícate máis tempo con cada cunca. Namentres o preparas, reflexiona sobre como te sentes e pensa nas túas expectativas para ese día. O importante non é o tempo que lle dedicas a iso, o importante é o ben que o aproveitas.

Localización: Cociña
Momento do día: Mañá
Duración: 20 minutos

Alcanza a conciencia plena namentres agardas polo café.

Unha muller, un home e un can pequeno reláxanse na cuberta dunha casa flotante.
Unha muller bebe café dunha cunca GLADELIG, sentada na cuberta dunha casa flotante.

Receita do ritual

Preparar o teu propio café é unha oportunidade para gozar dun momento de acougo e reflexión persoal; máis que de tomar café, consiste en reservar tempo para ti. Tamén é moito máis sostible que ir en coche a unha cafetería ou utilizar un vaso refugable para levar. Ao preparar un café recuperas enerxía e marcas o camiño para o resto do día. Mentres o tomas, podes fixar as prioridades do día que tes por diante.

 

  • Céntrate no presente, en gozar dunha boa cunca de café quente e elixe o teu sabor favorito. Recomendámosche un café intenso con corpo medio a alto como PÅTÅR, con notas de chocolate negro e un sabor persistente.
  • Pesa o café moído (8-10 gramos por cunca, dependendo do forte que che guste o café) e pono na cafeteira UPPHETTA.
  • Verte auga filtrada case fervendo (aproximadamente 91-95 °C). Observa como o café vai gañando vida conforme repousa durante uns minutos. Preme engorde o émbolo para abaixo.
  • Verte o café nunha cunca GLADELIG e sinte a súa calidez nas mans. Pecha os ollos e deléitate co aroma.
  • Fíxate un obxectivo para o día e toma o primeiro grolo.

O relaxante ritual de encontrar o teu momento

Co café PÅTÅR, a cafeteira UPPHETTA e a báscula GENOMSNITT nun mesmo sitio e á man, resultarache moi doado preparar o café, marcar o teu ritmo e fixar os teus obxectivos para o día.

Unha muller nunha cociña leva un pequeno cesto con café PÅTÅR, a cafeteira UPHETTA e a báscula dixital GENOMSITT.
Unha muller sostén nas mans unha cunca GLADELIG.
Unha muller goza dunha cunca de café acabado de facer na cociña dunha casa flotante.
Unha muller verte café dunha cafeteira UPHETTA nunha cunca GLADELIG.
Unha man acende a báscula dixital GENOMSNITT.