Saltar

Á luz das candeas

A luz que emiten as candeas crea un ambiente reconfortante e relaxante. Nos escuros invernos suecos, acender candeas grandes e pequenas por toda a casa é un xeito común de cambiar o ambiente de traballo a un máis relaxado. O resplandor e o aroma crearán un santuario para o corpo e a mente.

Localización: sala de estar
Momento do día: pola noite
Duración: 60 minutos

Reláxate na luz cálida das candeas.

Unha muller e mailo seu can reláxanse diante dunha mesa cuberta de candeas acendidas.
Unha candea aromática ADLAD acendida nun vaso.

Como crear unha atmosfera acolledora con candeas

A luz suave das candeas esperta recordos entrañables e crea un sentimento de pertenza, ao tempo que calma a mente e alivia o estrés. Ter candeas acendidas pola casa mellora o teu estado de ánimo e mantén a atención no momento presente.

 

  • Xunta un grupo de diferentes candeas ADLAD e FENOMEN. Colócaas enriba dunha base estable, como un soporte para candeas GLASIG, e asegúrate de que estean separadas a unha distancia segura.
  • Escolle unha fragrancia unificadora, a madeira ou vainilla, por exemplo, para crear unha atmosfera relaxante e acolledora cun chisco de maxia.
  • Reparte grupos de candeas polas diferentes partes do cuarto ata acadares un ambiente equilibrado.
  • Apaga os dispositivos e as luces eléctricas para un ambiente máis íntimo. Observa os movementos das chamas ata relaxarte por completo e métete na cama.

Grupos de candeas variadas para atopar o equilibrio perfecto

Para crear un ambiente o máis relaxante posible, agrupa candeas e luces de té ADLAD e FENOMEN de diferentes tamaños. Escolle unha fragrancia unificadora para encher o espazo cunha sensación de calma.

Soportes para luces de té GALEJ amontoados. No fondo, una luz de té aromática ADLAD acendida.
Unha mesa cunha candea aromática ADLAD acendida nun vaso, á beira dun soporte para candeas GLASIG.