Saltar

O poder dos pétalos

Calma a mente e ilumina o teu fogar con flores frescas. Colocar flores é unha práctica consciente e creativa, que achega vida a calquera espazo. Transpórtanos á natureza, e tamén é unha forma de mellorar o noso estado de ánimo.

Localización: Comedor
Momento do día: Tarde
Duración: 30 minutos

Goza da beleza que desprenden as flores.

Un home e unha muller de pé xunto a un posto de floraría nun mercado ao aire libre levan unha cesta de vimbio chea de flores frescas.
Un home coloca un cesto colgante TOLKNING cheo de flores frescas na bicicleta.

Como florecer coa ledicia que produce colocar flores

Os arranxos florais melloran a concentración, a creatividade e mesmo o rendemento cognitivo. Os arranxos de flores frescas no fogar tamén estimulan a relaxación e fomentan a comunicación positiva entre as persoas. O aspecto e o cheiro das flores fan que sintas unha conexión máis forte coa natureza e coa contorna.

 

  • Consigue unha cesta para ir ao lugar máis próximo onde poidas atopar flores frescas. Pregunta polas flores de tempada. Pensa que flores che gustan e que cores, tamaños, olores e texturas combinan ben.
  • No teu fogar, ponte un mandil, escolle o floreiro e prepara as flores. Coloca as flores con coidado. Non hai normas: déixate levar.
  • Coloca o floreiro á vista no teu fogar. Toma o seu aroma e deleita os teus ollos.

Fai que as flores estean a gusto

Tan pronto como chegues a casa coas flores frescas, corta os talos cunhas tesoiras MÄRKBART (para que absorban mellor a auga) e inmediatamente colócaas nun floreiro BERÄKNA con auga fresca.

Un home leva un floreiro de vidro BERÄKNA con flores frescas.
Unha man utiliza un pulverizador de plantas SESAMFRÖN para pulverizar auga sobre as flores frescas colocadas nun floreiro BERÄKNA.
Un home corta os talos dunhas flores frescas cunhas tesoiras MÄRKBART.
Un home mais unha muller colocan flores frescas na cociña. El leva un mandil HILDEGUN.
Un home coloca un floreiro BERÄKNA con flores frescas nunha mesa na sala de estar.