Saltar

A competición da limpeza

Reúne toda a familia para competirdes no campionato de limpeza semanal. Comezade cunha partida de dardos para repartir as tarefas, poñede algo de música e pasádeo ben. A persoa máis rápida será a vencedora do reto da limpeza, aínda que toda a familia se beneficiará do premio: un fogar limpo e en orde.

Localización: Fogar
Momento do día: Mañá
Duración: 60 minutos

Contempla os impecables resultados despois da competición.

Unha nai e a súa filla dan conta dunha boa merenda sentadas nunha mesa baixa no chan do dormitorio.
Unha nena pulveriza un produto de limpeza sobre un espello cun pulverizador PEPPRIG.

Receita do ritual

A limpeza ensina aos máis pequenos habilidades importantes para a vida, así como valiosas leccións sobre responsabilidades cun mesmo e coa contorna. Traballar xuntos por un obxectivo común tamén une a familia.

 

  • Fai unha listaxe de tarefas coa familia. Asigna cada tarefa ás seccións da diana LUSTIGT.
  • Lanza figuriñas á diana; a sección na que caian indicará que tarefa e que zona da casa hai que limpar.
  • Sube o volume da vosa música favorita para dar enerxía á competición.
  • Sigue lanzando figuriñas á diana LUSTIGT e completa as tarefas de limpeza ata non quedar ningunha.
  • Cando o fogar estea limpo, anuncia os gañadores e deleitádevos cuns saborosos petiscos ben merecidos.

Aprendizaxe de por vida, o dobre de diversión

A diana LUSTIGT decide quen limpa que. Despois, grazas á serie de produtos de limpeza PEPPRIG, todo o mundo estará preparado para superar calquera reto e conseguir o gran premio.

Dúas nenas xogan cunha diana LUSTIGT.
Dúas nenas aclaran uns panos de microfibra PEPPRIG nun caldeiro PEPPRIG.
Unha nena leva un caldeiro PEPPRIG.
Unha nena barre o chan cun recolledor e un cepillo PEPPRIG.
Unha nena leva un pulverizador PEPPRIG.