Cociña con IKEA: ensalada morna con cereais
Non é a primeira vez que presentamos unha idea sinxela e diferente para preparar unha rica ensalada, pero seguro que con esta receita conseguimos sorprenderte outra vez. Queres ver de que se trata?
Hoxe, en #CociñaconIKEA, ensinámosche a preparar unha ensalada morna cun ingrediente moi particular, nutritivo é saudable: cereais. Bota un ollo ás instrucións paso a paso para elaborar esta receita tan rápida e doada nun momento!

Coñece o noso chef
Volvemos con Julio Fernández! Lembras as súas receitas? Ensinounos a preparar unha deliciosa receita de albóndegas de salmón con mostaza doce e aneto. Despois, volveunos sorprender cunha saborosa tosta de gambas peladas con chutney de laranxa e a súa última creación foi unha exquisita receita de croquetas veganas.
Aínda non coñeces o noso chef? Presentámoscho... Julio traballa en IKEA FOOD desde hai seis anos e na actualidade é Kitchen Specialist do restaurante da tenda de IKEA Goya de Madrid. Desde pequeno, Julio foi un apaixonado da cociña e a súa sede de aprendizaxe é insaciable. De feito, continúa coa súa formación cursando estudos de xefe de cociña na Escuela de Hostelería y Turismo (ESAH).
Ademais, ten un blog persoal de receitas onde podes descubrir moitas máis ideas para as túas comidas e ceas. Un blog que el mesmo describe como "un espazo onde atoparás unha cociña sinxela e para todos, pero cun aquel canalla". Soa tentador, non si? Bota unha ollada!: www.laollacanalla.com
Hoxe Julio deléitanos coa súa boa man e experiencia para coñecer todos os segredos desta receita. Así que poñamos o mandil e a cociñar!
Dificultade: baixa
Tempo de elaboración: 1 hora
Tempo de espera: 5 min.
Fáltache algún ingrediente? Non te preocupes, entra na nosa tenda sueca e consigue con todos os produtos para preparar a ensalada morna.
Preparación da ensalada morna
Comezaremos polo ingrediente principal desta rica ensalada, a elaboración dos cereais.
- Poñemos unha pota con 250 ml de auga e engadimos o mix de cereais e cogomelos BÄSTISAR.
- Facemos ferver a auga.
- Cando empece a ferver, tapamos a pota e a retiramos do lume. Reservámola, sen abrila, durante uns 10 min.
Agora tócalle ás verduras que acompañarán a base da ensalada morna.
- Quecemos o forno a uns 200 graos.
- Cun bo coitelo, cortamos a cabaza e a remolacha en anacos grosos.
- Nunha fonte para forno, colocamos as porcións e botámoslles aceite e sal. Asámolas durante uns 30-40 min.
- Sacámolas do forno cando estean tenras, pero sen que se desfagan.
- Agora, cortamos en xuliana a cebola para salteala cos tomates cereixa nunha tixola ben quente.
- Engadimos un chorriño de vinagre e sal e deixámolo ata que reduza.
Empratado
Agora que temos todos os ingredientes, chegou o momento de empratar a nosa ensalada morna. Julio faino do seguinte xeito:
- Mesturamos todos os ingredientes sobre os cereais. Reservamos os tomates para o final.
- Removemos a mestura.
- Cun aro ou un cunco, colocamos esta mestura e esmagamos coa axuda dunha culler para que quede compacto.
- Retiramos o molde utilizado.
- Engadimos uns grans de granada para darlle ese toque crocante e doce.
- Colocamos os tomates e o perexil.
- Por último, como toque sorprendente deste prato, engadimos as pebidas de cabaza asadas. Dálle un sabor espectacular. Xa ves que aquí o aproveitamos todo!
Que che pareceu? Prepara os mellores pratos con estas receitas sinxelas para cociñar sen complicacións e co resultado dun auténtico profesional.
Ah! Non esquezas compartir as túas receitas connosco nas redes sociais co hashtag #CociñaconIKEA. Estaremos encantados de ver as túas creacións!
Non deixes pasar todas estas receitas deliciosas.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.