Doces de Nadal: 6 sobremesas para sorprender os teus convidados
Se hai algo que nos encanta do Nadal é, sen dúbida, a comida e especialmente os doces típicos do Nadal. Con todo, aínda que nos apaixona o roscón de Reis, o turrón de chocolate ou o tronco de Nadal, esta vez queremos propoñer outros doces de Nadal cos que haberás sorprender a quen os probe.
Á parte dos doces de Nadal tradicionais, este ano propoñemos que abras a mente e que regales ao teu padal e ao dos teus convidados sabores algo diferentes e orixinais para gozar aínda máis do Nadal. Ademais, xa que imos pasar este Nadal en grupos máis reducidos e coa xente coa que máis confianza temos, non se nos ocorre mellor oportunidade para reinventarnos e arriscar un chisquiño.
A quen non lle apetece unha boa sobremesa de Nadal para finalizar as comidas e ceas destas datas? Vamos aló!
1. Bolos de canela ou "cinnamon rolls"
Este típico doce sueco pode ser unha moi boa opción para deleitar os teus familiares e amigos este Nadal. O bolo de canela naceu a principios do século XIX, cando os ingredientes que o compoñen, como a fariña, o azucre e, por suposto, a canela, empezaron a ser máis accesibles. En Suecia adoitan servirse á hora do café, no que se coñece como "fika". Aínda así, son ideais para cando queiras degustar algo doce.
Podes elaboralos ti ou ben, se non tes demasiado tempo, optar polos KAFFEREP da nosa tenda de alimentación sueca. Inclúen 6 boliños e só terás que enfornar entre 170-190 º durante uns 14-16 minutos. Podes servilo así ou darlles un toque persoal engadindo algún ingrediente extra como o leite condensado, chocolate ou marmelada. Ti elixes!
2. Torta de chocolate
A torta de chocolate é unha sobremesa que sempre triunfa, tamén no Nadal, especialmente se hai peques entre os convidados. Por iso, propoñémosche apostar pola nosa torta KAFFEREP, ideal para os amantes do chocolate. Está elaborada con cacao con certificación UTZ, que é garantía de estándares de cultivo sostible e boas condicións laborais. Para tomala, abonda con desconxelala a temperatura ambiente durante 30 minutos.
Queres que evoque aínda máis o Nadal? Podes conseguilo coa decoración. Por exemplo, engadindo nata montada e dándolle forma dalgún elemento típico do Nadal. Para que che sexa máis doado, podes utilizar os nosos cortapastas con forma de folerpa da colección VINTER 2020 ou de reno. Como che diciamos, seguro que conquistas os pequerrechos da casa!
3. Pastas de coco cacao
As pastas ou boliños tipo polvorón ou manteigado non adoitan faltar nas casas durante estas datas. Queres engadir algo diferente á túa variedade habitual? Entón, estas pastas de coco e cacao KAFFEREP poden ser a opción ideal.
Grazas ás labras de coco, teñen un aspecto moi de Nadal e en canto ao sabor... pouco podemos dicir! Unha vez que os probes, converteranse en imprescindibles. Por suposto, o seu cacao tamén ten a certificación UTZ.
4. Torta de crema, framboesa e pasta de améndoas
Para a nosa cuarta proposta apostamos por unha sobremesa máis innovadora: unha torta de crema e pasta de améndoas. Como ves, ten un aspecto bastante rechamante, pero conta con froitos secos entre os seus ingredientes, en concreto améndoas, un alimento que tamén está moi presente nestas datas en doces como o mazapán, típico de Nadal no noso país.
Ademais, tamén leva crema pasteleira, recheo de marmelada e crema de vainilla, unha explosión de sabor ideal para os máis larpeiros. Do mesmo xeito que coa torta de chocolate, só terás que desconxelalos e servilos xunto a café ou té. Para lamber os dedos!
5. Torta de mazá
Prefires un clásico? Entón, unha boa opción pode ser a torta de mazá. A nosa KAFFEREP ten como base unha capa de mazapán que evocará nos comensais os sabores típicos do Nadal, pero co toque acedo da mazá e o doce da canela. Ademais, como punto final, ten unha capa crocante de avea que fai crecer auga na boca. Unha vez máis, só terás que desconxelala a temperatura ambiente e servila aos teus comensais. Se queres gozar aínda máis, dálle o toque cunha cullerada abundante de salsa de vainilla quentiña.
6. Pasteis con pasta de améndoas
Por último, propoñémosche estes pasteliños cubertos cunha capa de mazapán e un baño de chocolate nos extremos. A mestura perfecta para os que adoran os doces típicos do Nadal e o cacao, que igual ca antes, tamén ten certificación UTZ. Están prontos para seren servidos, así abondará con colocalos na bandexa de doces de Nadal e esperar a que os teus invitados pregunten por este novo integrante. Ten unha cor que, alén de rechamante, tamén é ideal para estas datas, pois é unha das tonalidades chave do Nadal.
Que che pareceron as nosas propostas? Esperamos que te animasen a apostar por opcións máis orixinais este ano e, sobre todo, que teñas un Nadal moi doce. Deseguido, deixámosche unha selección de artigos con outras ideas que che poden interesar.