Dormitorios modernos: todo o que tes que saber
O dormitorio é importante por dúas razóns: por unha banda é o cuarto no que descansamos e, por outro, é o lugar onde soñamos. É o onde decidimos que rumbo tomará a nosa vida mañá, o seguinte paso que debemos tomar... por iso os dormitorios modernos deben favorecer o descanso e permitirnos soñar con claridade.


A decoración de dormitorios de matrimonio ou xuvenís modernos inflúe na nosa saúde. Debemos elixir unha decoración consonte o noso estilo e combinar ben as cores, as texturas, a iluminación, así como regular moi ben a temperatura. Dá unha volta polas fotos de dormitorios modernos que temos para que che sirvan de inspiración.
Como conseguir un dos dormitorios modernos que tanto che gustan en 5 pasos
Imos contarche como decorar un dormitorio de matrimonio moderno que invite ao descanso, que sexa o mellor aliado da orde e que, ademais, namore polos seus detalles.
1- Elixe a orde e a simetría
Se algo teñen como protagonistas os dormitorios modernos é a orde e a simetría. Neste dormitorio destacan as lámpadas de teito, que lle imprimen personalidade e carácter.
2- Usa as cores de moda
Aposta pola decoración neutra e polas cores de moda, pero sen pasarte. A clave é atopar o equilibrio. Podes usar a cor nos mobles ou armarios PAX e combinalos coas colchas ou fundas nórdicas.
3- Abusa do natural
As cores e os dormitorios con tons naturais están de moda. Usa tons naturais nos téxtiles e deixa que a luz os ilumine.
4- Deixa que entre a luz
Tanto na decoración de dormitorios de matrimonio modernos como na de dormitorios xuvenís, a luz é un elemento decorativo máis. Tamén podes tomar como inspiración os nosos cuartos xuvenís.
5- Alíate coas cabeceiras de cama modernas
Cando elixas as camas non esquezas combinalas con cabeceiras de cama que vaian co teu estilo e as túas preferencias. Para creares unha cabeceira romántica e única, mesmo te podes atrever coas iluminacións.
Tamén podes crear unha cabeceira de cama con adhesivos. Mira como facelo no seguinte vídeo:
Sexan como foren as túas eleccións en decoración de dormitorios modernos, elixe aquelas opcións de decoración que sexan atemporais, pero sen caer en opcións frías nin demasiado serias. Darlle personalidade coas cabeceiras de cama modernas, con téxtiles con estampados de cor ou usando a iluminación haberá axudar a conseguir o dormitorio que queres.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.