Día Internacional do Gato: ideas para crearlle un verdadeiro fogar
O 20 de febreiro celébrase mundialmente o Día do Gato e con ese motivo preparamos unhas cantas ideas para que lle fagas á túa mascota o mellor dos agasallos: un verdadeiro fogar. Queres velas? Sigue connosco!
Cando queremos a alguén, o primeiro que facemos por esa persoa é pensar no seu benestar e en como podemos axudarlle a acadalo. Coas nosas mascotas pasa exactamente o mesmo. Por iso, que mellor que adaptar a casa para que se sintan tan a gusto coma nós? Fai que o teu fogar sexa un paraíso do benestar animal con estes bonitos e económicos accesorios para gatos da nosa gama de accesorios para mascotas LURVIG.
Casas para gatos coas que crear un refuxio
Os gatos, por puro instinto animal, adoitan agocharse en calquera recuncho, quer para xogar a asexar unha presa, quer para descansar ou sentirse máis seguros. Entendes agora por que unha simple caixa de cartón pode ser o seu lugar preferido da casa?
Se comprendes este comportamento, o mellor que podes facer é prepararlle ao teu gatiño unha casiña para gatos, que, ademais de satisfacer esta necesidade natural, lle axude mellor que unha caixa a descansar ben as horas necesarias.
As nosas camas para gatos LURVIG, por exemplo, ofrecen unha gran variedade de cores, deseños e texturas entre os que elixir para que, sexa como for a túa casa, atopes a cama ideal para o teu felino a un prezo moi económico. Compleméntaas cun coxín para gatos, co que gozarán de maior comodidade e un aquel diferenciador nas súas casiñas.
Complementos para coidar e aloumiñar o teu gato
Unha pala para o caixón de area
Se queremos que a nosa casa sexa un verdadeiro fogar para o noso gato, temos que ser moi estritos coa limpeza. Calquera mascota require coidados adicionais, pero ademais os felinos caracterízanse por seren uns animais moi pulcros. Gústalles estar limpos e que o espazo que os rodea tamén o estea. Por iso, recomendámosche que limpes a miúdo, asegurándote sempre de que os produtos que utilizas non sexan prexudiciais nin tóxicos para os gatos.
Limpa regularmente as fundas dos coxíns onde descansan e dormen e toda súa casiña. Non esquezas manter limpo o caixón de area. Para facilitarche as cousas, sempre podes recorrer a utensilios como unha pala que che axude a retirar os refugallos dun xeito máis sinxelo ou un rodete quitapeluxe para os tecidos (moi útil tanto para gatos de pelo longo e curto).
Un cepillo suave para dar masaxes
Un dos indicadores clave de que o gato está contento e cómodo é o inconfundible son do ronrón. Cando a nosa mascota ronrona, está a expresar o seu benestar e comodidade. Ademais, o ronrón é moi beneficioso para a súa saúde, xa que ten a capacidade de regular o estrés e mesmo aliviar a dor. É impresionante, non si?
Para prolongar esa felicidade, que tal se lle dedicamos ó noso gato unha agradable masaxe? Algo tan sinxelo e económico como un cepillo para mascotas pode axudarche a manter máis limpa e aseada a túa mascota e á vez regalarlle momentos de relax total.
Un truco para que o gato non rabuñe os mobles
Gústenos máis ou menos, rabuñar e afiar as uñas é outro dos comportamentos naturais dos nosos amigos felinos. Fano principalmente para quitar as capas mortas das uñas e así telas coidadas (xa dixemos que son uns animais moi presumidos). É máis: rabuñar tamén lles permite liberar o estrés e mesmo comunicarse.
Entón, como podemos conseguir que o fagan sen que teñamos que renunciar á integridade dos mobles? Nós recomendámosche un truco moi económico e útil: colocar unha rascadoira. Cunha esteira como a que che ofrecemos, os teus gatiños saberán onde afiar as uñas. É moi fácil de colocar, xa que ten unhas tiras que che permiten adaptala a calquera pata. Non só alongará a vida dos mobles, senón que os gatos estarán encantados.
Sabías que esta rascadoira está feita con materiais naturais? Concretamente, un 50 % de sisal, unha fibra natural que se obtén do agave, e un 50 % de xute, o que a convirte nun produto máis respectuoso co medio ambiente e resistente.
Xoguetes para gatos
Sexa cal for a idade do teu gato, o xogo é fundamental para fomentar o seu benestar. É perfecto para desenvolver a súa actividade física e mantelo san.
Os xoguetes poden crear oportunidades para que se mova e o pase en grande. Por exemplo, neste túnel para gatos a túa mascota pode facer o que máis lle gusta: cazar e agocharse. Ademais, ao final hai unha boliña que estimula a súa curiosidade e instinto cazador. O mellor é que este accesorio para gatos ocupa realmente pouco, xa que, como é pregable, pode gardarse de xeito moi sinxelo en calquera recuncho da casa.
Fai que o teu gato se divirta na casa cos seus xoguetes e reserva un pouco de tempo para xogar con el e mellorar o vínculo entre os dous. Esa será a clave para construír un verdadeiro fogar.
Que che pareceron estes consellos? Descubre todo o que podes ofrecerlle á túa mascota coa nosa gama de accesorios para gatos LURVIG; con eles converterás o voso fogar nun lugar moi especial para ambos.
Se segues buscando inspiración, non perdas a nosa selección de artigos con ideas sobre orde, decoración e benestar no fogar.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.