Saltar

Decorar con cortinas: como vestir a casa e aforrar en calefacción facilmente

Sabías que decorar con téxtiles axuda a manter quentiña a casa? Hoxe centrámonos na decoración con cortinas! Así que non perdas estes consellos para vestir a casa de xeito sinxelo, bonito e moi económico.

Veña!

As cortinas e os estores son uns complementos estupendos para a casa, xa que as súas funcións e usos non se limitan a decorar a fiestra. Por exemplo, na casa as cortinas poden servir para separar ambientes nun mesmo cuarto, bloquear a luz para durmir mellor se somos sensibles á iluminación e os reflexos do exterior e, incluso, regular a temperatura. Queres saber como? Explicámoscho.

Como conseguir a temperatura ideal

Como xa comentamos en diferentes ocasións, utilizar téxtiles é unha das maneiras máis sinxelas e económicas de decorar a casa e manter unha temperatura agradable, especialmente no inverno.

Durante os meses de máis frío, as cortinas cumpren unha función moi importante: resgardar o interior da casa dos refachos de aire do exterior. Isto é moi útil, sobre todo se a casa non está ben illada. Ao protexela, estarás axudando a que se manteña a calor dentro e así reducirás o consumo de enerxía destinada a quentala; será unha mellora que notará tanto o teu peto como o planeta.

Consellos para elixir as mellores cortinas

Seguramente estarás a preguntarte se serve calquera cortina ou cal é o mellor tipo. Non te preocupes: se tes dúbidas para elixir as cortinas, aquí van dúas claves que che axudarán.

  • Ten en conta o tipo de fiestras que tes instaladas, xa que as diferentes cortinas poden ter distintas dimensións, así como o tipo de peche que teñen. Isto último é importante para saber onde colocar as barras de cortina e guías.
  • Fíxate na cantidade de luz que entra a través delas e as horas ás que o fai. Deste xeito, saberás se necesitas unhas cortinas máis grosas e opacas ou se che basta cunhas finas e translúcidas. Iso si, se o que queres é illar o cuarto do frío, sempre serán recomendables unhas máis grosas.

Necesitas máis consellos para saber como elixir as cortinas adecuadas para as túas fiestras? Non perdas este breve vídeo con máis claves.

Elixas as que elixas, a nós persoalmente encántanos combinar diferentes capas. Deste xeito, sempre temos "a cortina perfecta para cada momento e estación"; ademais, resulta máis económico e práctico que cambiar constantemente de cortinas.

Na foto, amosámosche un primeiro nivel cunhas cortinas finas semitransparentes que deixan pasar a luz, co que aproveitamos os raios de sol para iluminar a estancia, pero sen perder privacidade. E por riba destas poñemos outras máis grosas para bloquear a luz e, de paso, resgardar un pouco mellor o cuarto do exterior (tanto do frío como da calor).

Cortinas máis sostibles para un ambiente acolledor

Calquera cortina, sexa do estilo que for, sempre lle dará un toque acolledor e persoal á casa. Non obstante, se estás a piques de mercar unhas cortinas ou renovar as que xa tes, deixa que che fagamos unha pequena recomendación sobre a súa composición.

O algodón, por exemplo, é un dos materiais máis utilizados cos que confeccionamos as nosas cortinas. Trátase dun produto excelente. Sabías que dende 2015 todo o noso algodón procede de fontes máis sostibles? En concreto, é reciclado ou cultívase con menos auga e pesticidas. Así pois, ao apostares por este tipo de cortinas, non só estarás a protexer a casa e a familia, senón tamén o planeta. Queres coñecer o noso compromiso sostible? Fai clic neste botón.

Se o prefires, outra opción económica para decorar a casa con cortinas, mantela quentiña e, de paso, coidar do medio ambiente é utilizar cortinas de poliéster reciclado. Deste xeito nacen produtos tan especiais como a nosa cortina GJERTRUD, que está feita con 41 botellas de 0,5 l de PET reciclado. Que che parece?

Así, convertemos residuos en obxectos de calidade, que á súa vez se poden reciclar unha vez utilizados. Anímaste a diminuír con nós o impacto ambiental?

Que che pareceu? Anímate e decora a casa con cortinas. Non perdas todos os nosos consellos para manter sempre unha temperatura agradable no fogar sen que as facturas suban como a espuma.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.