Decoración de salóns: 6 ideas diferentes e modernas
Quen non quere ter un salón con personalidade propia, moderno e diferente? Non perdas estas ideas de decoración de salóns!


A decoración do salón é un dos puntos máis importantes no noso fogar. É a estancia da casa na que máis tempo pasamos, a estancia principal de calquera fogar. Por iso queremos ensinarche algunhas ideas orixinais de decoración, ideas máis modernas e rechamantes, ideais se lle queres dar un aire novo á túa sala de estar. Moitas veces con moi pouco podemos facer moito, asegurámoscho!
1. Mesas auxiliares para decorar o teu salón
As mesa GLADOM, que non só dá un toque actual e diferente ao teu salón, mais tamén serve como bandexa extraíble para levar a bebida ou os alimentos dun lado a outro.
Ademais, grazas aos seus bordos, a bandexa é máis cómoda de levar e hai menos perigo de que os vasos e os pratos caian ao chan. Podes atopala en cores moi diferentes e, particularmente en azul, encántanos!
3. Cores para o salón
As cores que eliximos introducir no noso salón son realmente importantes. E aínda que adoitamos preferir tonalidades neutras e cores claras, tamén debemos ter presente a posibilidade de apostar por cores complementarias para darlle un toque máis actual e divertido.
Cando falamos de cores complementarias, referímonos a aquelas que son contrarias dentro da roda de cor, como poden ser o azul e o laranxa ou o vermello e o verde. Cando combinamos estas cores, conseguimos un impacto visual maior.
Podes introducilas de moitos xeitos para facer a proba: a través dos tecidos, láminas decorativas enmarcadas, pequena decoración (tipo floreiros e candeas) nos estantes e mesmo indo un paso máis aló e pintando algunha das túas paredes dun ton máis rechamante. Atreveríaste?
4. Personalizar os mobles
Moitas veces cremos que a principal solución para a decoración de salóns é recorrer a novos mobles e novos complementos. Mais ás veces temos a solución diante dos nosos ollos e non nos damos conta: personalizar os que xa temos!
Encántanos esta libraría BILLY pintada nun amarelo tan potente que se converteu automaticamente na protagonista deste salón que viste maiormente en gris. Así, este espazo adquire de súpeto un aire de frescura e diversión con apenas un bote de pintura entre as mans.
Nota: se prefires non ter que manchar as mans de pinturas, mais queres un moble cunha cor tan rechamante como esta, podes decantarte polo noso estante KALLAX.
5. Mobles para mascotas
Se tes can ou gato, estamos seguros de que é un membro máis na túa familia. Un dos teus mellores amigos. E como bo amigo, tamén che pode axudar a conseguir ese toque de decoración diferente e moderna que estás buscando.
A colección LURVIG de produtos para mascotas é a escusa perfecta para ter un detalle co teu can ou o teu gato á vez que renovas o teu salón. Que tal un pequeno sofá de deseño minimalista para o teu can? Ou unha casiña do máis sofisticada para o teu gato que á vez poida servir de mesa auxiliar?
En decoración de salóns, nunca está dita a derradeira palabra (nin o derradeiro ladrido)!
6. A iluminación do salón perfecta
A importancia da iluminación do salón é obvia. É preciso iluminar este espazo de diferentes xeitos: con luz directa, indirecta e ambiental. Mais tamén a iluminación ten moito que dicir en canto a decoración e actualización de espazos.
As grilandas de luz e as tiras de LED son xeniais para actualizar un chisco o salón á vez que lle damos calidez e iluminación extra (que nunca vén mal) dun xeito realmente doado.
Podes colocalas sobre o sofá, nunha parede que teñas libre, sobre os estantes do salón e mesmo por debaixo! Un toque diferente e moderno que che axudará a revitalizar un pouquiño a decoración da túa sala de estar.
Queres ver máis ideas de decoración de salóns? Recomendámosche “Un salón para as 24 horas do día".
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.