Caderno de actividades para facer en familia
É o momento de quedar na casa, pero sabemos que despois de tantos días, as ideas creativas para entreter os nenos (e os que non o son tanto) esgótanse. Por iso, quixemos poñer o noso gran de area e crear un “Catálogo para quedar na casa”.
De que se trata? Este catálogo é, nin máis nin menos, que un entretido caderno de actividades e xogos para que vos divirtades en familia. Imprímeo e a gozar!
Necesitas máis ideas para entreter aos nenos na casa? Aquí tes moitas máis opcións, xa que nos puxemos mans á obra para crear outros traballos manuais e actividades sinxelas que facer na casa cos teus fillos. Temos un xogo de detectives que se pode descargar, un modelo para facer recortables con cartón, un “pinta e colorea” e moitos outros xogos infantís para entreterse sen recorrer á tecnoloxía.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.