Saltar

Como ser máis sostibles na casa: 6 trucos básicos

Propuxécheste levar unha vida máis sostibleAínda que en principio poida parecer complicado ou caro, o certo é que, con pequenos cambios nas rutinas diarias, podes conseguir grandes avances tanto para o medio ambiente como para o teu peto. Toma nota destes consellos para ser máis sostibles na casa sen gastar máis diñeiro! 

1. Aforra enerxía cambiando os teus hábitos de uso e de compra 

 

Reducir o consumo de enerxía é moito máis doado do que parece. Simplemente se trata de mudar algúns hábitos e de escoller ben á hora de comprar. En canto aos hábitos, poden ser actos tan sinxelos como apagar as luces cando saias dun cuarto, non abusar do aire acondicionado, tender a roupa no canto de usar secadora, encher o lavalouzas ou utilizar o forno para cociñar máis dunha receita.

E, se falamos de comprar de forma intelixentecambiar as lámpadas normais por lámpadas de baixo consumo LED pode notarse moito na factura da luz, e fixarte na eficiencia enerxética antes de adquirir un electrodoméstico novo, tamén. Este cúmulo de pequenos detalles logrará que aforres enerxía, algo moi positivo para o medio ambiente e para o teu peto. Fai a proba! 

2. Reduce o consumo de auga con pequenos xestos 

 

A auga é un ben limitado que debemos apreciar e coidar ao máximo. Desde a casa podemos facelo tendo en conta pequenos xestos, como pechar a billa mentres lavamos os dentes, ducharnos no canto de bañarnos, fomentar o uso do lavalouzas ou poñer a lavadora cando estea totalmente chea.

Neste sentido, contar con electrodomésticos ou sistemas máis efectivos na casa tamén pode marcar a diferencia. Por exemplo, un lavalouzas con alta eficiencia enerxética ou un sistema de rega no xardín que gaste menos auga.

Incluso algo tan sinxelo como escoller a billa adecuada pode ser clave, xa que o deseño das mesmas afecta ao gasto de auga. Por iso, as billas de cociña e de baño de IKEA contan con aireadores que reducen o consumo ata nun 40 % sen perder presión 

3. Organiza a comida para non desperdiciala

 

Poñer orde na cociña pode marcar a diferenza en canto ao consumo responsable de alimentos. Manter todo ben colocado e á vista permitirache aproveitar ao máximo todo o que tes para así evitar que os alimentos se poñan malos e haxa que tiralos.

Gardar os alimentos sobros en friameiras de vidro no frigoríficopermitirá que os alimentos se manteñan moito mellor e que o seu sabor estea intacto para a nosa próxima comida. Ademais, son transparentes, o que che axudará a velos e a non esquecerte deles. Aínda que non o creas, os esquecementos poden converterse no principal motivo de que algúns pratos acaben no lixo.  

Estes recipientes tamén poden ser moi útiles para organizar alimentos que aínda non cociñamos tanto fóra como dentro do frigorífico. Por exemplo, para separar as froitas e as verduras, xa que o etileno que conteñen algunhas froitas pode danar as hortalizas.

Tamén para gardar alimentos na despensa, como legumes, pasta, arroz, froitos secos... Deste xeito, ademais de telos mellor organizados, estarán totalmente tapados e conservaranse moito mellor. Todo isto, máis alá de reducir o impacto do teu consumo, axudarache a aforrar uns cantos euros ao mes.

Por se precisas unha man para poñerte ao choio, deixámosche a continuación un vídeo no que che mostramos como organizar o teu frigorífico nun intre. É máis doado do que cres!

4. Clasifica os residuos para facilitar a reciclaxe 

 

Como todos sabemos, a reciclaxe empeza na casa coa clasificación dos residuos. Porén, aínda que teñamos isto claro, deixalo en mans da sorte e non contar co necesario para xestionalos pode desembocar en que non reciclemos con xeito.

Por iso, o noso consello é que contes cun espazo de residuos totalmente adaptado á reciclaxe. Como ves na foto, ter diferentes caldeiros para os residuos (orgánico, papel e cartón, plásticos…) pode facilitar moito esta tarefa e eliminar as escusas de todo tipo para acadar o noso obxectivo de coidar o planeta.

No caso de que non contes con espazo suficiente para ter varios, non te preocupes, porque en IKEA botamos man doutras solucións, como os separadores de residuos para un mesmo caldeiro ou os caldeiros amontoables.

5. Protexe e prolonga a vida do que xa tes na casa 

 

Un paso clave para ser máis sostibles na casa é coidar todo o que xa hai nela (mobles, téxtiles, accesorios…) para que duren o máximo posible e non haxa que consumir tanto. Isto implica desde facer un uso correcto deles e protexelos debidamente ata darlles un coidado adicional de cando en vez para alongar a súa vida.

Por exemplo, no caso dos mobles de madeira, tratalos cada certo tempo cun produto específico que protexa este material, como o aceite STOCKARYD, pode axudar a que se conserven moito mellor e a que teñan un aspecto máis bonito. Tamén darlles unha capa de verniz VÅRDA a aqueles que estean no exterior. 

No caso dos colchóns ou dos sofás, utilizar fundas protectoras e limpalos a fondo de maneira periódica é fundamental para que se manteñan o mellor posible. No caso dos téxtiles, será fundamental lavalos con frecuencia seguindo as indicacións do fabricante.

6. Aposta por mobles e téxtiles de produción sostible

 

Como diciamos, o máis importante é coidar o que xa temos, pero se te vas mudar ou precisas renovar algo do teu fogar, tamén podes atopar opcións cunha produción máis sostible. En IKEA facemos un uso responsable da madeira e asegurámonos de que case a totalidade dela proceda de bosques xestionados de maneira responsable. Trátase dun material duradeiro, renovable e reciclable, polo que é unha das mellores opcións para os mobles da casa.

No que aos téxtiles se refire, desde 2015, todo o algodón que utilizamos cultívase con menos auga e produtos químicos, o que contribúe a que os produtores de algodón e as súas familias obteñan máis beneficios. Desta maneira, podes conseguir que a túa roupa de cama, as túas cortinas ou outros tecidos do fogar teñan un material bo para ti e para o medio ambiente.  

 Por onde vas empezar? Facelo pouco a pouco axudarache a interiorizar os cambios e a que estes sexan moito máis duradeiros. E, se queres ampliar os teus coñecementos sobre o tema, deixámosche aquí unha ligazón cargadiña de información interesante.  

 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.