4 formas de presentar as túas ensaladas e pratos saudables
Quen dixo que a comida saudable era aburrida? Ou que unha ensalada non loce tanto na mesa como outro tipo de pratos? Diso nada! Nós apostamos firmemente pola necesidade de manter unha dieta sa e equilibrada. Ademais, asegurámosche que a presentación das túas ensaladas e pratos saudables, xa sexa para comer só ou acompañado, pode ser toda unha marabilla!
Acompáñanos e compróbao. Que aproveite!
Unha combinación rústica para as túas hortalizas
Ao ver as cores brillantes e vivas das verduras no noso pratos transportámonos automaticamente ao bo tempo, ao verán, á nosa dieta mediterránea no seu maior esplendor.
Por iso cremos que un bo xeito de presentar unha colorida ensalada ou un prato de hortalizas coma este, é facelo dun xeito rústico, vestindo a mesa con materiais naturais. Neste caso, decantámonos por uns pratos de cerámica que son unha auténtica marabilla, cunha cor clara que permite que o verdadeiro protagonista sexa o alimento. Ademais, son moi resistentes!
Tamén escollemos cubertos de tipo rústico e complementos en madeira e liño en tons naturais para os panos de mesa e o camiño de mesa. Queda espectacular!
No referente ao prato en si mesmo, lembra usar de base o ingrediente maioritario, continuando por pór enriba os que menos haxa en cantidade. Se, por exemplo, vas engadir como toque un par de toros de mango a túa ensalada, ponos ao final e ben presentes para darlle textura e coar ao prato como colofón.
Unha mesa clásica e en tons azuis
A cor azul é ideal para vestir unha mesa en practicamente calquera tempada do ano. Ademais, escoller pratos nunha cor azul escura fai que todas as cores primarias resalten e se vexan frescas e apetecibles, como no caso desta espetada de verduras. Por outra banda, o mantel clásico en suaves tons azuis crea unha sensación acolledora e agradable.
Acompañamos a espetada de verduras dunha salsa de iogur con cítricos e uns brotes de soia. Lembra presentar este tipo de complementos e salsas en cuncos que continúen coa liña cromática da mesa, ou ben transparentes ou dun ton neutro, que sempre encaixan con todo.
Como vestir unha mesa para comer sushi
Tanto se fas o sushi de xeito caseiro como se o encargas para levar e comelo na casa, non podes comelo de calquera xeito! Velaquí uns sinxelos consellos para vestir unha mesa para comer sushi (e facelo correctamente!):
- O primeiro e máis importante é que debes utilizar paíños de madeira, nunca cubertos clásicos! Os paíños permiten tomar todo tipo de sushi correctamente, sen esnaquizar as pezas.
- Para vestir a mesa, utiliza manteis individuais ou camiños de mesa en materiais naturais coma este, realizado en xacinto de auga.
- Usa cuncos pequenos para salsas e complementos.
- Utiliza materiais como madeira, cerámica e mesmo lousa para presentar as pezas de sushi e outros alimentos que formen parte desta comida.
E a gozar! O sushi é unha comida moi saudable que podemos tomar de cando en vez sen problemas.
Diferentes cores e formas para dar vida á túa cena sinxela
Por último, imos cunha das ideas máis especiais. É tan especial pola combinación de formas e cores pastel, que a nós nos fascina.
Montamos a mesa para comer unha sinxela ensalada de froitas e verduras con salsas e un zume de froitas. Y fixémolo mediante un camiño de mesa neutro, en branco. Os pratos van do gris, ao rosa, o branco e o azul, todo en tons pastel que conseguen unha harmonía na mesa á vez que un toque festivo.
Pero, sen dúbida, o que máis nos mostra esta mesa é que a combinación de diferentes formas xeométricas na nosa louza é sempre un acerto.
Sal do convencional para presentar as túas ensaladas e pratos saudables de tal xeito que os presentes como algo do máis especial.
Antes de marchar, atopa inspiración para preparar os teus pratos saudables en calquera de estes artigos:
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.