Como organizar unha pequena celebración ao aire libre
Podes aproveitar o bo tempo e a natureza para celebrar un aniversario, un ascenso no traballo, a entrega do teu proxecto de fin de máster ou calquera outra data.
Déixate inspirar polos nosos consellos, e bota unha ollada a esta idea tan bonita e orixinal que preparamos para que organices unha pequena comida ao aire libre. Pode ser para ti ou para darlle unha sorpresa a esa persoa especial. O resultado será impresionante e o mellor é que gastarás pouquísimo. Apúntaste? Vamos aló!
Crea unha carpa pequena con teas
Ademais, como o motivo para celebrar esta comida é especial e importante, tamén queremos darlle un toque distintivo ao espazo. Por iso, non o dubidamos nin un segundo e deseñamos nin máis nin menos que unha carpa.
As carpas son estupendas e máis para esta ocasión. Ademais de servir para decorar a zona na que imos comer e crear unha atmosfera do máis festiva, as carpas son moi útiles para resgardarnos do sol e ter un pouco de sombra (algo que sempre se agradece en verán). Iso si, non esquezas a crema solar!
Se tes unha carpa pregable, só tes que fixala ben ao chan con cravos e colocar peso enriba. En cambio, se tes que creala, tes diferentes opcións: podes utilizar pólas para pendurar as teas directamente (coida que sexan resistentes dabondo) ou, coa axuda dunha ou varias cordas, crear un soporte para colocalas entre varios puntos ou árbores se están bastante xuntos.
O uso de teas é axeitado para darlle un toque máxico ao ambiente. Para conseguilo, podes colocar as teas de xeito que ocupen paredes enteiras.
Neste caso, quixemos darlle protagonismo unicamente a unha zona para non recargar en exceso o espazo. Gústache o seu estampado primaveral? Para o resto, utilizamos teas brancas e luminosas. Ah! Ademais, engadimos unhas bandeirolas, pero podes non poñer nada ou mesmo unha tira con fotos.
Ademais dunha decoración bonita da estrutura, tes que pensar nun dos factores decisivos para que tamén reine a comodidade. Para iso, non hai nada como conseguir unha boa cantidade de coxíns de diferentes tamaños. Non te cortes, seguro que utilizas moitísimos. Tamén podes usar pufs para sentar ou como mesiñas.
Ademais, podes engadir unha manta ou colchonetas no chan para que sexa un pouquiño máis mol e non se noten tanto as pedras da terra. Deste xeito, a xente sentirase a gusto nun ambiente do máis harmonioso.
Prepara aperitivos deliciosos para a ocasión
Agora que xa creamos o escenario perfecto, temos que pensar en outro dos puntos fundamentais: a comida. Imos amosarche distintas opcións para que prepares uns aperitivos riquísimos e orixinais para as ocasións especiais.
Ante todo, pensa nos gustos dos convidados e tenta elixir o menú que mellor se adapte a todos: coida se hai alerxias, intolerancias...
Recomendámosche que consigas friameiras de cristal (aínda que pesen un pouquiño máis) para transportar a comida en perfecto estado e que aguante as altas temperaturas. Nós, por exemplo, escollemos unhas ensaladillas individuais en tarriños. Mete na túa bolsiña ou neveira uns bloques refrixeradores para preservar o frío.
Nas táboas e as fontes de cristal máis grandes e alongadas colocamos sen problema o resto de aperitivos. Tamén podes levar algún prato ou cunco de plástico por se a alguén lle resulta máis cómodo. Sabías que os nosos son reutilizables? Son unha alternativa máis sostible aos de usar e tirar.
Podes servir as bebidas dun xeito orixinal: en botellas pequenas como as que che ensinamos. De feito, grazas ao vidro e ao peche hermético, manterán todo moito máis fresco. Mesmo pode ser un detalle para os asistentes! Outro consello: se queres que non haxa sorpresas inesperadas, leva contigo unha bandexa para apoiar as bebidas sobre unha superficie máis estable.
Goza dunha celebración por todo o alto co encanto do sol, a natureza e a boa comida. Se queres máis inspiración para os teus plans ao aire libre ou para os teus eventos na casa, non perdas esta recopilación especial coas mellores ideas:
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.