Como organizar a cociña aproveitando todo o espazo
Tanto se che gusta cociñar como se non che gusta demasiado, saber organizar a cociña serache moi útil para aproveitar cada centímetro de espazo.


Falamos dese lugar onde entre estantes, armario, caixóns e mobles para a cociña acontecen cousas, e moitas. Contámosche ideas sinxelas de pór en práctica para ordenar cociñas como un verdadeiro experto. Porque a verdade é que ver unha cociña, recollida, ordenada e limpa, ademais de transmitir paz, é máis seguro para o teu fogar.
4 ideas para organizar a cociña sen ocupar demasiado tempo
1-Coloca os alimentos por tipoloxía e data de caducidade
Por que negalo, ó final os armarios de cociña acaban desorganizados, nós sen saber se tiñamos determinado produto ou non, polo que acabamos por mercalo tres veces ou acaba caducando. A quen non lle pasou.
Para evitar o caos na despensa da cociña, o mellor para organizar os armarios é baleiralos por completo.
Colocar as latas, legumes, pastas, arroces... enriba dunha mesa e ordenalos por tipoloxía e data de caducidade. Empregar recipientes iguais axudarache a ordenalos mellor.
Podes empregar estantes de cociña abatibles para telo todo en orde e baixo control.
2. Caixóns para cociña, para que vos quero
Os caixóns poden ser os nosos aliados da orde ou da desorde. Todo depende da axuda que teñamos para organizalos mellor.
Os interiores ou organizadores de cociña son o que precisamos cando nos dispoñemos a organizar a cociña.
Por exemplo, no caso dos cubertos, sempre será de axuda unha bandexa para cubertos. A maiores, no caso das potas ou tapas das potas, por exemplo, tamén atopamos elementos que poden facilitarnos moito a vida.
3-Usa a almacenaxe de parede
Se o espazo na túa cociña é limitado, a almacenaxe de parede de cociña será o teu mellor recurso para pór orde na túa cociña.
Hai múltiples opcións ganchos, barras, recipientes e estantes que che permitirán telo todo á man e tamén lle dará estilo e personalidade á túa cociña.
4. Recorre a mobles de cociña auxiliares
As illas e carriños de cociña son outra opción moi útil para ampliar os teus mobles de cociña. Ao tempo que consegues espazo adicional, axudarache a desconxestionar a túa cociña sen necesidade de facer unha reforma. Unha illa será a mellor solución para as cociñas con máis espazo, para as máis pequenas se cadra deban conformarse cun carriño de cociña.
Ademais de moi útiles, prácticos e funcionais, os carriños de cociña permítenche movelos dun lado para outro sen apenas esforzo.
Coas nosas catro ideas seguro que xa saberás organizar a cociña sen problema. Mais se non for así, deixámosche un vídeo con máis ideas para ter a túa cociña sempre en orde:
