Saltar

Como ordenar os xoguetes cando temos pouco espazo

Xa non sabes como gardar os xoguetes dos teus fillos? Non te preocupes, presentámosche unhas prácticas ideas para aforrar espazo e poñer a túa casa en orde.

Como ordenar os xoguetes cando temos pouco espazo.
Como ordenar os xoguetes cando temos pouco espazo.

Cando dispoñemos de pouco espazo, a organización e a orde vólvense fundamentais para aproveitar ao máximo cada recuncho e evitar que a casa se nos bote enriba. Cos xoguetes dos nosos fillos pasa exactamente o mesmo xa que, sen saber como, máis dunha vez acaban amontoándose sen control.

Queres algunhas ideas para evitalo? Dámosche catros consellos fundamentais e sinxelos para gardar de xeito práctico os xoguetes e aforrar todo o espazo posible.

1. Conserva só o que pague a pena

Para comezar unha tarefa de organización en profundidade, primeiro debemos facer un inventario con todas as cousas que temos e descartar aquilo que non sirva. Mais non tires todo ao lixo! Seguro que máis dun xoguete está en boas condicións e podes darlle unha segunda vida.

Doar os xoguetes que xa non se empregan é unha boa práctica para que, ademais de aforrar espazo na casa, os teus fillos aprendan a compartir e a diferenciar aquilo que non precisan. Outros nenos e nenas poderán gozar deses xoguetes, tanto como o fixeron no seu día os teus. Non é bonito?

2. Reserva un sitio especial para os xoguetes

Unha vez seleccionado todo o que imos conservar, debemos preparar unha zona especial para todos eses xoguetes.

Asignar un lugar específico para gardalos é máis importante do que cres, xa que che axudará a que a tarefa de organizar os xoguetes sexa moito máis sinxela e, ademais, os teus fillos interiorizarán tamén a función asignada a ese espazo.

Proba a colocar un pequeno estante modular con caixas adaptadas para crear ese lugar concreto. Se queres, podes inspirarte na nosa sección de mobles infantís de almacenaxe.

Amosámosche algúns dos consellos que tratamos neste artigo no seguinte vídeo. Presentámosche un exemplo práctico sobre como ordenar os xoguetes na casa.

3. Axúdate de mobles e accesorios útiles

Existen accesorios de almacenaxe realmente útiles para cando vaias organizar os xoguetes. Unha vez clasificados os obxectos polo seu tamaño, tipo de xogo ou frecuencia de uso, podes axudarte de caixas transparentes, como calquera da colección SAMLA de IKEA, coa altura e profundidade que mellor se adapte aos xoguetes. Podes empregar calquera tipo de envase ou caixa, mais nós recomendamos as transparentes precisamente porque con elas poderás ver con tan só unha ollada o contido da caixa.

Podes atopar a túa caixa ou cesto ideal na nosa sección especial de Organización e accesorios de almacenaxe.

4. Ensínalles a importancia da orde

É moi importante que os teus fillos interioricen tamén todas estas leccións da orde e a organización. Por iso, anímaos e ensínalles a recoller as súas cousas despois de xogar con elas. Con isto non só estás creando un bo hábito doméstico senón que, sen darte conta, estaslles ensinando a adquirir responsabilidade sobre os seus obxectos e accións.
 
Suma todos estes consellos e verás como entre todos conseguides ordenar os xoguetes sen complicacións!

Se che gustou este artigo e queres ler máis sobre orde infantil, bótalle unha ollada a Visita a un fogar: consellos para renovar o cuarto dos nenos cun toque divertido.


Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.