Como limpar o colchón a fondo
Para acadar un bo descanso, é necesario un bo colchón. Pero tamén unha almofada que se adapte á nosa postura cando durmimos, roupa de cama que transpire e un somier ou unha base de cama axeitados. Adoitamos ter claros estes puntos, pero que pasa coa limpeza do colchón? Estamos a facer todo o posible para mantelo libre de ácaros e bacterias, así como en perfectas condicións? Imos ver como limpar o colchón a fondo, quitarlle as manchas e mantelo no día a día.
1. Rutinas básicas diarias para manter o colchón limpo
De acordo co famoso dito, "mellor previr que curar". Por iso, recomendámosche que sigas estas indicacións diarias para manter o teu colchón nas condicións máis limpas posible.
Deste xeito, cando chegue o momento de limpar o colchón a fondo, vai ser máis doado facer o seguinte:
- Ventilar a estancia coa cama desfeita polo menos 10 minutos ao día: isto é fundamental para evitar malos olores e ácaros.
- Ao facer a cama, sacudir ben todas as sabas, incluída a baixeira, para que o colchón transpire un pouco.
- Cambiar as sabas todas as semanas.
- No momento de cambialas, recomendamos aproveitar para aspirar o colchón.
- Manter o colchón sempre protexido cunha funda que transpire e que se poida lavar.
2. Consellos de tempada para conservar o colchón coma novo
As rutinas diarias ou semanais teñen que ir acompañadas das que facemos cada tempada, normalmente cando comeza unha nova estación.
Moitos colchóns adoitan afundirse, segundo o seu material e o peso da persoa que dorme, entre outros factores. Nestes casos, é fundamental darlles a volta polo menos cando chega o inverno e cando empeza o verán. E non só por iso, senón tamén porque algúns modelos teñen un lado apropiado para o inverno (máis cálido e illante), e outro para o verán (máis fino e fresco). Dálle a volta, e non só para cambiar de lado: tamén para cambiar o extremo dos pés á cabeza, e o da cabeza aos pés. Podes facer isto varias veces ao ano se o teu colchón se afunde moito. Vas notar a diferenza!
3. Consellos anuais para limpar o colchón a fondo
Chegamos á cuestión principal: como limpar o colchón a fondo. Debes facer isto un par de veces ao ano.
- Empeza por sacudilo ben, como se estiveses a darlle golpes.
- Continúa co aspirador, pero só se ten un bico de man para o cepillo, e sempre coa velocidade máis suave, para evitar causarlle danos.
- Se non tes un aspirador cun bico especial, faino cun cepillo e insiste nas zonas máis sucias e as de maior fricción (por exemplo, onde van os pés).
- Para limpar o colchón a fondo e acabar cos xermes e os malos olores, recomendámosche o truco do bicarbonato: bótao por enriba (non demasiada cantidade) e déixao unha hora para que penetre no interior. Despois, pasa un cepillo de man ata retiralo por completo e depura os restos coa aspiradora se é necesario.
Algúns dos nosos colchóns teñen fundas que se poden quitar e lavar. Os ácaros proliferan en ambientes cálidos, escuros e húmidos, como as camas; por iso, para as persoas alérxicas recomendamos este tipo de colchóns. Así, poderás lavalo con frecuencia para mantelo limpo e impecable sempre.
Aquí atoparás máis información sobre como limpar o colchón e como entender as etiquetas dos nosos colchóns para mantelos perfectos durante máis tempo:

- Páxina de información do produto
4. Como prolongar a limpeza do colchón
O mellor xeito de manter o teu colchón limpo máis tempo é utilizar protectores de colchón que poidas lavar á máquina sempre que o necesites. Existen protectores acolchados ou impermeables, que envolven o colchón coma una saba baixeira ou só o cobren. O importante é que tes opcións para cada necesidade e que resolven moi ben o problema das manchas complicadas. Grazas aos protectores, lograrás evitar ter que limpar o colchón a miúdo.
Iso si: lembra que cada 10 anos, por moi ben que mantiveses o teu colchón, recoméndase cambialo.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Como limpar o colchón e quitar manchas
Antes de nada, lembra escoller o colchón perfecto para ti, de acordo coa túa forma de durmir e o tamaño que necesitas, sen esquecer a almofada. E para telo a punto, podes botarlle unha ollada a esta selección de edredóns baratos efundas nórdicas baratas.
É importante saber como limpar cada mancha do colchón, xa que pode que estea sucio de po, pero tamén de suor ou humidade. Por exemplo, para eliminar os ácaros podes aspirar o colchón unha vez ao mes. Para limpar a mancha dun colchón, faino no momento cun pano húmido e xabón. Se a mancha non sae, podes tentalo con produtos para limpar tapicería. Para limpar o colchón de humidade e quitar as manchas de mofo, airéao poñéndoo ao sol para despois aspiralo.
Descubre as nosas recomendacións IKEA e atopa máis ideas e consellos de decoración.