Como facer galletas de xenxibre doadas con nenos
Se hai algo que nos encanta do Nadal sen dúbida é a variedade de pratos típicos e sobremesas deliciosas que se preparan nestas datas. As galletas de xenxibre, por exemplo, son un destes tradicionais doces de Nadal que non poden faltar en ningún fogar; ademais, aos nenos encántanlles. Por iso, preparámosche unha sinxela receita para que saibas como facer galletas de xenxibre de xeito doado con toda a familia, incluso cos máis pequenos da casa! Animádesvos?


A seguridade é o primeiro
Antes de poñervos mans á obra debedes ser conscientes de que a cociña está chea de utensilios e accións que poden ser perigosos para os nenos. Por iso debemos adaptar o espazo de traballo para que poidan estar seguros mentres preparan calquera prato. Ten preparados uns protectores, despexa a mesa ou mesado onde vaian estar, se empregades coitelos, que sexan de punta redonda, e ten á man uns bos mandís.
O pan de xenxibre é unha sobremesa ideal para facer coa familia, pois non necesita demasiado esforzo e é moi creativo! Amosámoscho.
Ingredientes
Necesitarás:
Moldes con formas divertidas
Masa de galletas de xenxibre
Se queres facer a masa de xeito caseiro:
260 g de fariña
150 g de manteiga
1 ovo
100 g de azucre moreno
1 culleradiña de canela en po
1 culleradiña de xenxibre en po
5 g de bicarbonato
Un pouquiño de sal
Galletas de corazóns, estrelas e moito máis
Unha vez teñamos a masa, chega o momento de crear as galletas. Lembra aos peques que boten un pouco de fariña por toda a superficie para que a masa non se pegue. Agora, cada un collerá un pouco de masa e estenderala coa axuda dun rodete. Cos moldes que elixades, recortádea coa forma que máis vos guste: corazóns, estrelas, animais... Incluso poden deseñar a súa propia galleta coa axuda dun coitelo de punta redonda. Iso si, tede en conta que cando máis grosa sexa, máis tempo terá que estar no forno.
Consello: Se empoades un pouco de fariña nos moldes antes de facer o corte, evitaredes que a masa se pegue e rompa.
A continuación, amosámosche todo o que necesitades para as vosas galletas de xenxibre. Tamén podes acceder a estes produtos e moitos outros na nosa sección especial de Cociña e Alimentación e bebidas.
Cando os nenos corten as súas galletas, axúdalles a colocalas nunha bandexa para enfornar. Lembra poñer papel de forno para que non se peguen. Déixaas no forno durante uns 15-20 minutos e a 180 ºC. E xa estarán listas!
Se quedaches coas ganas de coñecer máis plans para gozar cos teus fillos, non dubides en botarlle unha ollada ao noso artigo "Comparte un espazo para improvisar xogos”
Hannah
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Feito por
Estilista de interiores: Pernilla Warnhammar
Fotógrafo: Nato Welton