Saltar

Como elixir a cadeira de escritorio perfecta

Sexan tres, seis, oito ou máis as horas que pasas sentado nunha cadeira traballando, precisas facelo dun xeito correcto e nunha que sexa apropiada.  

Se estás a pensar en mercar unha cadeira de escritorio, pero non sabes cal é a máis axeitada para ti, non perdas esta guía práctica para despexar as túas dúbidas e elixir correctamente unha cadeira de oficina.  

Non hai unha cadeira universal 

 

O primeiro consello, e o máis sabio, que che podemos dar é o seguinte: a cadeira máis cara non ten por que ser a mellor

O certo é que, ao elixir unha boa cadeira de escritorio, debes considerar outros puntos máis alá da errónea crenza de que canto máis se gaste, mellor calidade terá o produto. Evidentemente, o prezo é un indicador que hai que ter en conta, pero son os detalles técnicos (como é o asento, se ten ou non repousabrazos ou se é regulable) os que marcarán verdadeiramente a diferenza. 

Deseguido facemos un repaso básico con todos os aspectos que debe cumprir unha boa cadeira de oficina.

Materiais e estrutura 

 

Empezamos polo material co que está fabricada a cadeira. Podemos atopar cadeiras de diferentes texturas, pero o máis recomendable é que esta estea confeccionada con materiais transpirables (algo que se agradece especialmente nos meses de máis calore, sobre todo, resistentesPensa que este asento vai formar parte da túa xornada e deberá soportar de xeito continuo tanto o teu peso como os teus cambios de postura. Ah! E se queres un extra de confort e suavidade, asegúrate de que a túa cadeira de escritorio teña unha capa de acolchado. 

Preguntácheste por que as cadeiras de escritorio levan rodas e son xiratorias? Precisamente porque melloran a ergonomía durante as horas de traballo. Ao permitir máis mobilidade e ter un maior apoio, favorecen unha correcta postura do noso corpo sen forzar unha colocación que poida provocarnos lesións posturais. Así que, xa sabes, opta por unha cadeira de traballo cunha estrutura xiratoria e con rodas.

Asento e respaldo 

 

Se queres unha cadeira de escritorio cómoda, unha das grandes características, por non dicir a máis importante, é que sexa regulable. Ademais, neste caso, canto máis, mellor. Así que debemos prestar especial atención tanto ao asento como ao respaldo das nosas cadeiras de traballo.  

A cadeira debe adaptarse tanto ao teu corpo como ás características do teu escritorio como, por exemplo, a altura da mesa con respecto ao torsoSe a cadeira queda demasiado baixa ou alta, podemos padecer problemas nas costas, que son precisamente os que queremos evitar cando decidimos mercar unha como esta.  

Para evitar isto, asegúrate de que poidas modificar a altura e de que o respaldo se axuste correctamente ás costas ofreza un bo apoio na zona lumbar. De feito, a altura ideal dunha cadeira é a que nos permite ter as cadeiras e os xeonllos nun ángulo de 95-100° e os pes planos no chan. Debemos poder estirar as pernas por debaixo da mesa e xirar 90° á esquerda e á dereita con soltura.

 Sabías que…? As nosas cadeiras de escritorio cumpren con estes requisitos porque contan cun apoio lumbar incorporado, asentos de altura regulable e funcións de reclinado que farán que as túas horas de traballo sexan moito máis amenas.

Repousabrazos 

 

Son realmente necesarios os repousabrazos para unha cadeira de escritorio? Seguro que o cuestionaches máis dunha vez. Pois dirémosche que, para nós, si son importantes!  

Os repousabrazos dunha cadeira de escritorio, aínda que non sexan a característica que normalmente determine a súa compra, resultan de grande axuda para (como ben indica o nome) repousar neles os brazos e os antebrazos e, grazas a iso, reducir a sensación de fatiga nas cervicais. Que che parece? Iso si, unha cadeira sen repousabrazos non ten por que ser peor, pois proporcionan algo positivo: máis liberdade de movemento.

Sexa como for, se escolles unha cadeira con repousabrazos, fíxate ben no seu ancho e longo para os brazos repousaren comodamente nunha postura natural e non resulten un impedimento á hora de achegar a cadeira á mesa. 

Como debes sentar

 

Agora que xa sabes as nocións básicas para elixir unha cadeira de escritorio, só queda dar o paso de mercala e gozala. Non obstante… coidado! Non baixes a gardaTer unha boa cadeira de traballo é escusa para realizar unhas boas prácticas á hora de traballar para non sufrir dores nas costas ou outras molestias 

Para rematar, deixámosche unha pequena lista coas nosas recomendacións sobre como debes sentar e traballar dende a casa ou a oficina  

  • É recomendable que tentes moverte e estirar un pouco as pernas, polo menos cada dúas horas. Así que levanta da cadeira! e dá un pequeno paseo pola oficina ou pola sala de estar da casa. Aproveita para beber auga, camiñar, estirarte un pouco e despexar a vista. 
  • Coloca un repousapés. Este complemento axudarate a sentar cunha postura de traballo correcta e a reducir tensións en pernas, costas e pescozo.
  • Non cruces as pernas. Facémolo por inercia, pero moitas veces descoñecemos as consecuencias que ten este simple xesto na nosa saúde: altera a circulación, sobrecarga de peso unha zona sensible, acelera o desenvolvemento de varices, aumenta a presión sanguínea e promove unha mala postura.
  • Vai cambiando a postura, pero sempre coas costas rectas. Ademais, non é mala idea que de cando en vez fagas algún alongamento na propia cadeira. 
  • Gradúa a inclinación do asento para fixar unha posición e aumentar o confort. Isto influirá na distribución do peso e ofrecerache máis estabilidade e apoio cando o precises. Recoméndase unha inclinación de 5º. 
  • Regula a altura das pantallasÉ moi importante que coloques o ordenador ou outras pantallas a unha altura axeitada para protexer a zona vertical. O recomendable é que o marco da pantalla quede á altura dos ollos (ou lixeiramente por debaixo), de xeito que teñas o pescozo recto e aliñado coa cabeza e o tronco. Concretamente, o monitor debe estar inclinado entre 20-30°, un ángulo óptimo para a vista, o pescozo e os ombros. Tes un portátil? Elévao cun soporte especial para ordenadores.

Queres máis inspiración e consellos para ter unha zona de traballo perfecta? Non perdas este vídeo para saber como organizar o escritorio. 

Como sempre, antes de despedirnos, deixámosche unha selección especial de ideas para seguir inspirándote: 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter presente que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.