Como deseñar unha cociña: inspiración e bos consellos
Decidirte a mudar a cociña non é tarefa sinxela, sabémolo. Por iso, dámosche un chisco de inspiración e algúns bos consello para deseñar unha cociña.
Se desexas cambiar só as baldosas e o chan, ou se queres facer unha gran reforma con mobles de cociña e electrodomésticos incluídos, queremos axudarche a conseguilo.
En IKEA, atoparás deseños de cociñas para todos os gustos e para todos os petos. E non temas, co noso servizo de asesoramento de planificación e montaxe de cociñas, un asesor especialista en cociñas axudarache na tenda, de forma virtual ou ata na túa casa! Só tes que pedir a túa cita.
Primeiro inspírate en cociñas do máis lindas
Non tes claro que tipo de cociña queres? Por que non deixas que che deamos algunhas ideas? Sabemos que deseñar a túa cociña é unha decisión importante, así que non hai que precipitarse.
Reláxate e atopa a inspiración que precisas entre os diferentes deseños de cociñas. Modernas, pequenas, grandes ou estreitas. Sexa cal for, temos todos os deseños de cociña que poidas imaxinar.
Amosámoschas!
Cociñas en tons escuros
A pesar de non ser o habitual, os deseños de cociñas en tons escuros son realmente abraiantes e favorecedores.
Estas cociñas poden ser de tipo moderno, como a primeira imaxe; ou, pola contra, menos modernas e algo máis retro, como o deseño desta outra cociña que che deixamos aquí abaixo. Que che parecen? As frontes de cociña en negro ofrécennos, como aquí, estilos totalmente diferentes, pero igual de orixinais. E é que, se apostas por tons escuros, podes facer que a túa cociña sexa un elemento chave na decoración da casa.
Cociñas que mesturan tons escuros e claros
Non che convence unha cociña tan escura? Non te preocupes, esta segunda opción ten en conta eses pequenos toques de luz que che gustaría ter na cociña sen perder a orixinalidade no deseño.
Imos polos contrastes!
O contraste de cores e tons é moi habitual no deseño de cociñas. Os deseños de mobles de cociña ou os mesados son elementos que dan moito xogo coas baldosas que elixires.
Neste caso, vemos xusto o contrario, unha cociña onde predomina o branco, cunha das nosas illas de cociña incluída, que contrasta co mesado en ton madeira. Fermosa, verdade?
Cociñas con cores alternativas
A vida non sempre é branca ou negra, así que, por que debería selo a túa cociña? Arrisca e introduce esa cor que tanto che gusta. O resultado poderá sorprenderte gratamente.
Neste exemplo, apostamos polo verde para os armarios e tamén para as baldosas da parede, estas últimas nun ton máis escuro para contrastaren sen saírmonos da gama de cores.
Ademais, neste deseño de cociña optouse por elixir uns pomos para os armarios de cociña coa mesma tonalidade do mesado. O uso dunha única cor nos mobles da cociña dálle unha personalidade única e especial.
Xoga cos electrodomésticos da cociña
Outra forma de conseguir un deseño de cociña harmonioso é elixindo a mesma cor para os mobles da cociña e empregar outra cor oposta nos electrodomésticos. O branco e o negro sempre son bos combinando como nesta cociña.
Aínda que tiveres unha cociña de poucos metros cadrados, debes saber que tamén temos deseños para cociñas pequenas. Onde cada centímetro está aproveitado ao máximo, sen perder de vista o estilo.
Bos consellos para deseñar unha cociña
Agora que xa viches algúns deseños de cociñas, modernas, pequenas e tamén diferentes deseños en mobles de cociña, é hora de dar o paso. Tes tres opcións:
- Pedir axuda no proceso co noso servizo asesor de cociñas.
- Planificar o deseño da túa cociña online coa ferramenta de configuración de cociñas.
- Facelo todo ti mesmo. Como? Explicámosche en tan só 4 pasos como tomar as medidas, planificar a túa cociña e moito máis nestes pasos de planificación de cociñas.
Xa non tes escusa. Xa sabes como deseñar unha cociña!
Que che pareceu? Se precisares axuda para deseñar a cociña, lembra que desde IKEA axudámosche a planificar as túas solucións de decoración sen moverte da casa a través de videochamada, na tenda (sen esperas a través de cita previa), ou nos nosos puntos IKEA DESEÑA. Ti elixes!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.