Como decorar con almacenaxe aberta e pechada
A sala de estar é unha das estancias máis multifuncionais do fogar. É un espazo para socializar, relaxarse e mesmo teletraballar. Por iso, non é de extrañar que haxa nela centos de obxectos e, en moitas ocasións, non saibamos moi ben como distribuílos para non nos abafar.
Queres unhas ideas para decorar e organizar a sala de estar? Non perdas estas solucións sinxelas e deseña un espazo intelixente coas diferentes opcións de almacenaxe aberta e pechada. O resultado? Unha sala de estar ordenada e práctica, cun ambiente moito máis relaxado.
Comezamos!
1. Busca mobiliario intelixente e multiusos
Gardar os teus obxectos na sala de estar e organizar a casa é máis sinxelo do que pensas. Despois de limpar e desfacerte das cousas que non queiras, busca mobles multifuncionais que se adapten ás túas necesidades.
Empeza por agochar as cousas que non queres ter á vista en sistemas de almacenaxe pechada, como un par de armarios baixos que, ademais, poden utilizarse como divisores do espazo. Amais, pódese aproveitar a parte superior para colocar, por exemplo, algunha colección pequena de libros ou un par de plantas. É un xeito moi sinxelo e accesible de ordenar, diferenciar zonas dun mesmo cuarto e decoralo.
2. Amosa as túas pezas favoritas
Do mesmo xeito que a almacenaxe pechada axuda a ter a sala de estar ordenada e a potenciar a sensación de organización e limpeza, as solucións de almacenaxe aberta, como as vitrinas, serven para decorala e axúdannos a enchela de personalidade coas nosas pezas favoritas.
Coloca as cousas que queiras ensinar e protexer ao mesmo tempo dentro de vitrinas con portas de cristal. Son estupendas para lucir as túas coleccións sen risco de caídas fatais ou, simplemente, para que non collan po. Ademais, os andeis axustables permítenche adaptar a altura de cada piso. O certo é que son moi camaleónicos.
Podemos contarche unha última idea? Se queres que as túas vitrinas destaquen tanto de día como de noite, instala unhas tiras de iluminación LED no seu interior para que toda a túa colección brille cun toque máxico.
3. Utiliza unidades a xogo
Para decorar a sala de estar cos teus sistemas de almacenaxe, asegúrate de que todos os mobles estean en sintonía. É dicir, tenta que todos os mobles sexan dos mesmos tons para que reine a harmonía e asegurarte dun resultado do máis favorecedor.
Neste caso, utilizamos varios mobles de caixóns para almacenar o material de traballo. Gústanche? Podes usalos para gardar papeis como facturas, cartas, materiais ou suministros. Ademais, como teñen rodas, podemos movelos sen problemas e serven de axuda para sacar e gardar o material da mesa do comedor. Son comodísimos!
4. Agocha os estantes ateigados
Aínda que organices os teus obxectos nun estante, seguro que non queres ver os andeis ateigados, sobre todo se estás a gozar dun deses momentos de relax na sala de estar. Por iso, se non dispós de sitio a maiores para despexala un pouco, propoñémosche unha solución moi económica e sinxela: engana aos teus sentidos co poder dunha cortina.
Ollo! Isto non serve de excusa para non ter o teu estante ordenado. Só é un xeito de camuflar os obxectos para axudar a despexar a mente e decorar o espazo con outra alternativa. Para iso, elixe un esquema de cores que vaia ton sobre ton. Nós apostamos por matices de tons naturais en contraste con detalles en rosa empoado. As capas de téxtiles tamén axudan a crear contraste e, ademais, melloran a acústica no teu espazo. En resume, é unha solución perfecta para poñer música de calidade e descansar.
Ei! Antes de que marches, deixámosche neste vídeo unhas ideas rápidas para que aprendas a decorar calquera dos teus estantes. Verás que ben quedan!
Por se acaso quedas con ganas de máis ideas sobre decoración e orde no fogar, preparámosche unha selección especial de artigos para que a túa inspiración non teña fin. A gozala!

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.