6 ideas para conseguir un dormitorio relaxante
Para ter un dormitorio relaxante, hai cousas que non poden faltar e unha das máis importantes é a orde. Sen orde é imposible relaxarse nin no dormitorio nin en ningunha outra parte da casa. E precisamente no noso cuarto, no dormitorio, é onde máis paz deberiamos atopar. Por iso queremos ver contigo un dormitorio que transmite unha gran tranquilidade, do que poderás sacar ideas para conseguir ese mesmo efecto no teu.
A relaxación e o descanso serán unha realidade se aplicas estes consellos.
1. O máis importante: a cama
Cres que é posible conseguir un dormitorio relaxante sen unha boa cama? O certo é que non! Por iso a nosa recomendación é que empeces por investir nun colchón de calidade que sexa amplio abondo. Os materiais naturais como o algodón, o látex e a la achegan un plus de confort e manteñen a temperatura uniforme para garantir un sono agradable.
Tamén é moi importante a estrutura da cama. Por exemplo, as de madeira maciza sen tratar son para toda a vida, xa que o material é duradeiro e renovable e pódese pintar cando se necesite. Se o prefires, tamén podes optar por un canapé, que che proporcionará moitísimo espazo de almacenaxe oculto.
Se queres saber como elixir un colchón,, non deixes de consultar:

2. Almacenaxe escondida debaixo da cama
Para crear un punto focal que non chamase a atención en exceso e ocultase o que gardamos debaixo da cama, a nós ocorréusenos coser un faldrón con cortinas ou teas vellas. A que queda ben? A almacenaxe é fundamental en calquera dormitorio e toda a que poidamos conseguir sempre será "pouca". Por iso, se non tes canapé, o mellor que podes facer é optar por caixas e bolsas de almacenaxe que che permitan telo todo ordenado debaixo da cama e á vez protexido do po.
3. Caixas para organizar as superficies
Non só é xenial usar caixas e bolsas para meter debaixo da cama, tamén o é organizar todas as pequenas cousas que imos deixando inevitablemente enriba dos mobles, como pode ser a mesa de noite. Como neste caso as mesas de noite son pequenos bancos decorados tamén con plantas, aproveitamos para elixilas en tons verdes para encaixaren á perfección. Alí podes gardar todas esas cousas, coma gomas do pelo, auriculares, tapóns dos oídos para durmir, etc., que doutro xeito estarían "esparexidas".
4. Que roupa de cama escoller
A roupa de cama é fundamental para conseguir ese dormitorio relaxante que estamos a buscar. Isto é así porque é imposible estar a gusto na cama se esta non transpira ben, é áspera, está demasiado desgastada… Sabías que a roupa de cama ecolóxica de liño e lyocell axudar a manter o frescor e a sequidade durante toda a noite, tamén no verán? Ademais, as cores tamén son importantes: escolle tons claros como o branco, o beixe ou as cores pastel.
5. Un espazo harmónico, apracible e despexado
Nas paredes e a distribución, menos é máis. Cínguete a unha gama cromática, como os nosos beixes neutros e verdes relaxantes. Utiliza a mesma cor en todas as paredes e sé selectivo cos adornos que queres expoñer. Pensa simetricamente e de dous en dous, xa que non hai nada máis relaxante ca iso para un dormitorio.
Pon unhas plantas naturais e unhas podallas secas para purificar o aire e darlle un toque de verdor ao espazo. Monta nas paredes (uns fronte aos outros) colgadoiros pintados nos que pendurar algúns dos teus obxectos preferidos e a roupa, para aireala no canto de lavala se non fai realmente falta e así coidala (e o planeta).
6. Aproveita o espazo para a almacenaxe
Aproveita ao máximo as paredes poñendo almacenaxe con estantes e barras que poidas personalizar, reorganizar e reutilizar. Se tiveres as cousas organizadas, non che custará encontralas e o relax virá a ti. Acaso hai algo que cause máis estrés que buscar e buscar sen atopar o que buscas? Por iso nos fascina esta solución: unha ringleira de cómodas modernas para ter as cousas ben gardadas e libres po que ademais achegan harmonía ao espazo.
Un recuncho acolledor con coxíns e un pequeno colchón de fabricación caseira é perfecto para ler ou tomar tranquilamente o café da mañá, sobre todo se está preto da fiestra ou dunha lámpada con luces LED, que consumen menos enerxía. Utiliza cortinas para acordarte de que o importante é vivir o momento, non acumular cousas. Atoparás a paz!
E se necesitas máis inspiración para o teu dormitorio relaxante, antes de marchar tes que ver este vídeo:

E ler estes artigos, si ou si:
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.