Personaliza a casa coa colección limitada DEKORERA
Esta tempada inspirámonos principalmente nos pintores holandeses do século XVII, como Rembrandt, Vermeer e Hals, para crearmos unha colección que combina o seu estilo melancólico coa artesanía tradicional escandinava. O resultado? Un fogar absolutamente elegante e acolledor.
Os días son cada vez máis curtos e o corpo pídenos pasar máis tempo en casa facendo plans agradables e relaxantes que nos afasten do frío. Baseándonos nesa morriña que produce esta época do ano, deseñamos DEKORERA, unha colección de téxtiles e accesorios que combinan as tonalidades penetrantes e ricas que empregaban estes artistas, o seu estilo e a artesanía tradicional. Vexámolo!
Decoración sacada dun bodegón
A natureza morta foi unha das principais temáticas nas que traballaron os artistas holandeses nos que nos inspiramos, polo que non podían faltar elementos relacionados con ela na nosa colección.
A clave para achegar calidez a este pequeno recuncho é colocar unhas candeas sobre estes maxestosos candelabros de DEKORERA. Cando anoiteza, só terás que acendelas para conseguir ese ambiente acolledor que estamos a buscar. E o toque final? Un par de pezas decorativas cun deseño que evoca a natureza.
Téxtiles que poñen o toque de cor
Como as tonalidades que utilizaban estes pintores eran bastante escuras, decidimos xerar contraste creando téxtiles que combinan a súa paleta de cores (grises, verdes e marróns escuros) con outros moito máis rechamantes e brillantes como o rosa, o branco ou o azul verdoso. Todo iso con deseños xeométricos.
Deste xeito conseguimos renovar o seu estilo, restar sobriedade e dar luz á estancia. Estas mantas e coxíns son ideais tanto para o dormitorio como para a sala de estar, onde seguramente pasarás máis dunha tarde aniñado lendo, tomando unha infusión quentiña ou pasando un momento agradable cunha boa conversación.
Téxtiles que achegan elegancia
No caso de que busques accesorios téxtiles máis sobrios para algunha das estancias da túa casa, na colección DEKORERA contamos con máis opcións. Un exemplo son estes coxíns de veludo en granate e dourado que cambiarán por completo a peza. Nós colocámolos sobre a cadeira de brazos STRANDMON e, con este pequeno cambio, conseguimos un estilo sofisticado e totalmente renovado.
Para completalo, embaixo colocamos a alfombra de raias en tons verdes da colección. O seu tecido con flocos convértea nunha peza moi agradable para o inverno.
Bandexas inspiradas en obras mestras
Podes converter a túa casa nunha galería de arte con estas bandexas. Sóanche de algo? Abofé que si. Estes deseños fan referencia a dúas famosas pinturas de Vermeer e Da Vinci que probablemente coñezas: A rapaza da perla e A Gioconda. Iso si, a boa nova é que o seu prezo é moito máis económico que os orixinais.
Como diciamos, son bandexas, así que as podes utilizar como tal ou convertelas en pezas decorativas, como fixemos nós. Ti elixes! Do que non hai dúbida é de que lle darán un plus de elegancia ao teu fogar.
Unha vaixela rústica, pero atemporal
Para a cociña, na colección limitada DEKORERA apostamos por formas redondeadas e suaves, con cuncos, xerras e vasos inspirados na artesanía e as técnicas tradicionais do norte de Europa. Unha vaixela versátil que é o claro exemplo de que hai estilos que nunca pasan de moda e que, igual que podería pertencer á mesa dunha familia rural de hai varios séculos, tamén terá un papel exemplar na túa.
O mellor? Ao ser branca, combinará á perfección con todo tipo de mantelaría e poderás sacarlle moito partido, xa que encaixa con diferentes estilos. Así, se máis adiante lle queres dar unha volta á decoración, non terás que cambiala.
E estas son todas as pezas que forman parte da nosa edición limitada DEKORERA, marcada pola elegancia e a sobriedade. Cales te namoran? Sexa como for, se queres seguir inspirándote para dar un toque diferente á decoración da túa casa esta tempada, velaquí tes outros artigos que che poden interesar.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.