Saltar

Celebra o Aninovo con estilo

Tes as uvas preparadas? Fai inesquecible a derradeira noite do ano regalándote unha divertida festa.

Interior dun apartamento con iluminación e decoración festiva: grandes ventás polas que se ven fogos artificiais sobre a cidade.
Interior dun apartamento con iluminación e decoración festiva: grandes ventás polas que se ven fogos artificiais sobre a cidade.

Fai un espectáculo

Canapés e vestidos de gala. É unha noite perfecta para calquera extravagancia. Fai que os ingredientes parezan apropiados para a situación. Non pares ata que sexa difícil distinguir entre que é comida e que é decoración.

Unha noite de fogos

Senta xunto á venta a ver os fogos artificiais. Vense igual de ben desde lonxe. Pero asegúrate de ter á man as bebidas e a comida. (as candeas LED tamén son seguras de manter preto).

A luz ambiental nunca está de máis

Prepara a túa casa segundo o momento. Usa candeas, grilandas de luces e lámpadas para que sexa unha noite estrelada, dentro e fóra.

Moita xente sente unha absurda presión por ter que celebrar o Aninovo indo a festas ou socializando. Eu quero demostrar que non hai ningún problema por celebralo só e que, ademais, pódese facer unha boa festa".

Saša Antić, deseñador de interiores de IKEA

Agardando un novo comezo

Saborea unha boa noite e deixa que o ano remate ben. O seguinte será aínda mellor. Feliz Aninovo!

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Saša Antić
Fotografía: Henrik Pettersson
Texto: Henrik Annemark