Saltar

Beneficios de agasallar xoguetes clásicos

Os xoguetes tradicionais fomentan a imaxinación e creatividade dos nenos, moito máis que os tecnolóxicos. Revive a túa infancia cos teus fillos agasallando xoguetes clásicos este Nadal!

Un neno pequeno xogando nun cabalo de cor vermella en forma de alce nunha sala de estar cunha decoración neutra.
Un neno pequeno xogando nun cabalo de cor vermella en forma de alce nunha sala de estar cunha decoración neutra.

Cando os Reis Mangos se achegan, moitas veces entran as dúbidas acerca de que agasallar, sobre todo para os nenos máis pequenos. Superarse cada vez é máis complexo, pois vivimos nunha época na que teñen de todo e os xoguetes están deseñados coa última tecnoloxía e funcionalidades cada vez máis realistas. Pero onde queda a imaxinación? Os xoguetes clásicos axudan, neste senso, a fomentar habilidades como a concentración ou a creatividade. Por iso, presentámosche unha gama de xoguetes tradicionais ideais para agasallar este Nadal aos máis pequenos da casa.

Descubre todos os nosos xoguetes

Xogos de roles para nenos

Os nenos xogaron toda a vida a ser piratas, cociñeiros, astronautas, a personaxe favorita dos seus debuxos... Imos vivir outras vidas por un momentiño! 

Os xoguetes que fomentan estes xogos de rol son ideais para exercitar ao máximo a súa imaxinación e a súa capacidade de xogo tanto sós como acompañados. A cociniña DUKTIG leva anos sendo un éxito en IKEA e a verdade é que non nos estraña. Todos os nenos e nenas poden xogar a ser auténticos xefes de cociña e preparar deliciosos pratos porque a esta cociniña non lle falta detalle para que pareza 100 % real.

Inviste en xoguetes que fomenten a creatividade e a diversión empregando o máis poderoso: a imaxinación dun neno!

Fomentan o pensamento lóxico e a psicomotricidade

A serie de xoguetes MULA non só é colorida e divertida, tamén está chea de pequenos segredos para que o teu pequecho os descubra. Esta serie é ideal para practicar cores e formas cos bloques, desenvolver habilidades motoras co martelo de xoguete ou empregar o carro/andador para atopar o equilibrio.
 
Este tipo de xoguetes animan o teu fillo a experimentar e desenvolver o pensamento lóxico e a psicomotricidade. Parecen xoguetes sinxelos, pero son moitísimo máis.  

Xoguetes de calidade que duran toda unha vida

A gran maioría dos xoguetes clásicos están feitos de madeira, un material resistente ideal para que lles dure moitísimos anos. Ademais, o bo dos xoguetes de madeira é que, ademais do seu valor como xogo en si mesmo, son decorativos e súmanse ao ambiente do seu cuarto. 

Por exemplo, os xoguetes de LILLABO combinan cocheciños con xogos de crebacabezas. Axudan a imaxinación a través do xogo de roles e fomentan a creatividade porque os nenos fan as súas propias combinacións.  

Pero isto ás veces acontece co menos agardado: unha sinxela caixa de madeira con rodas que se converte nun cocheciño para os peluches, un tallo que é un escenario no que recrear unha obra de teatro dos seus bonecos... Bendita imaxinación! 

Debuxar é un dos mellores xogos para un neno

A que neno non lle gusta debuxar? É unha das actividades mais entretidas e completas que hai dende que son aínda practicamente bebés ata que queiran deixalo de lado. Non hai idade! 

Ademais, o debuxo axuda aos nenos a: 

• Reforzar a súa autoestima
•    Canalizar as súas emocións
•    Mellorar a súa capacidade de concentración
•    Fomentar a imaxinación
•    Mellorar a escritura
• Formar a súa personalidade

Un encerado de toda a vida proporcionaralles un espazo no que plasmar as súas pequenas, grandes obras de arte. O encerado MÅLA ten unha parte negra e outra branca para que poidan elixir, ou para que dous nenos poidan pintar á vez sen rifar

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.